O Pescados Rubén Burela FS segue apostando por difundir a marca da Mariña Lucense e para iso presentoulle unha proposta de plan de patrocinio á Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense para retomar a iniciativa de volver exercer como embaixador da maxia turística da comarca.
O club laranxa expuxo o proxecto no último pleno da Mancomunidade ante alcaldes e concelleiros representantes de todos os municipios da Mariña e solicitou formalmente que o tema figure na orde do día da próxima reunión da entidade comarcal. “Con esta idea o Pescados Rubén ofrece a súa proxección como entidade de referencia nacional no fútbol sala para que A Mariña Lucense sexa coñecida e recoñecida en toda España. Non é unha colaboración nova; xa tivemos a oportunidade de ser escaparate da comarca en anos anteriores e esperamos que no próximo pleno a Mancomunidade volva brindarnos o seu apoio posto que consideramos que pode ser un acordo moi beneficioso para ambas as partes” explicaba o presidente do club laranxa, Manuel Blanco.
O Pescados Rubén luciu con orgullo a imaxe da Mariña Lucense por todos os pavillóns de Primeira División, masculina e feminina, durante as últimas catro tempadas. No seu obxectivo de dar continuidade á iniciativa, o club laranxa tamén está estudando dar un paso máis proxectando as singularidades de cada concello mariñán lonxe de Vista Alegre cunha ampla axenda de promoción turística en cada un dos destinos da liga
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
