Ribadeo, 7 de marzo de 2017. O grupo municipal do Partido Popular en Ribadeo critica ao equipo de goberno por deixar pasar a oportunidade de acoller o campionato nacional feminino de baloncesto que finalmente se disputará en Viveiro, Cervo e Burela. O portavoz popular, Jesús López Penabad, manifesta que ademais isto evidencia que a situación económica do Concello non debe de ser tan boa como din porque non se puido dispoñer do diñeiro que había que aportar para a celebración deste evento.
López Penabad asegura que “a hostalería está realmente enfadada, con toda a razón, polo tema do campionato feminino de baloncesto que estaba previsto facer en Ribadeo e que non se celebrará aquí por culpa do equipo de goberno municipal; eu non sei se foi porque non hai comunicación entre eles ou que pasou realmente”.
O portavoz popular manifesta: “parécenos lamentable porque todos sabemos do que vive fundamentalmente Ribadeo: dos servizos e da hostalería, do turismo en definitiva. Era un fin de semana que podía ser cheo en Ribadeo porque veñen máis de 300 xogadoras, pois é un campionato feminino a nivel nacional, e deixouse pasar esta oportunidade. Non houbo comunicación coa hostalería, coa que non falaron en ningún momento, e eu creo que algúns empresarios do sector estarían interesados incluso en participar colaborando para que ese evento se celebrase en Ribadeo, para poder sacarlle un bo rendemento a un fin de semana de maio. Alargaríase un pouco dese xeito a época de maior movemento neste concello e na Mariña en xeral”.
Jesús López Penabad engade que “é unha oportunidade que se vai para concellos próximos, como os de Viveiro, Cervo e Burela, e non creo que volvan para Ribadeo. Desde logo eu se vou a un sitio e non me tratan ben e teño outro sitio onde ir, irei a ese outro sitio”.
O portavoz popular considera que “en Ribadeo os gobernantes teñen que axudar aos ribadenses, entre eles á hostalería, como non, e a todos os veciños. Pero están demostrando que miran para outro lado e coa prepotencia, neste caso, de dicir ata aquí chegamos e tedes que ir por aí e se non nada. Así desde logo perde Ribadeo, perden os ribadenses e perdemos todos”.
Ademais López Penabad comentou: “estamos sempre oíndo ao goberno municipal que as arcas do Concello están moi boiantes, pois aquí se demostra que non é certo porque o que había en discordia eran 3.000 euros, din que dun día para outro. Nos plenos normalmente apróbanse modificacións de crédito para poder facer cargo a partidas coas que non se contaba. Pero neste caso xa nin lles se pasou pola imaxinación facer algo así. Creo que con isto evidenciase a situación económica do Concello de Ribadeo, que chega para pagar aos funcionarios e tirar para diante. Moito presumir pero á hora da verdade vese que a economía municipal non está tan boiante como eles presumen”.
Para rematar o portavoz do PP no Concello de Ribadeo manifesta: “a nosa solidariedade total coa hostalería de Ribadeo. Parécenos moi inxusto e desde logo unha falta grave de sensibilidade e de mirar para o que é positivo para os negocios de Ribadeo, que é o que ten que facer quen nos goberna, neste momento o BNG”.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



