Lugo 23-3-17. O Presidente, Darío Campos Conde, presentou este mércores a representantes de Concellos de Galicia e Asturias os primeiros traballos que está a elaborar a Deputación xunto a especialistas na materia sobre o trazado histórico da Vía Rexia do Norte. Campos Conde presentou no municipio pontenovés a parte correspondente ao treito dende Lugo á Pontenova mentres o organismo provincial segue a avanzar no de A Pontenova-Vegadeo para culminar o estudo do trazado completo desta Vía.
O Goberno da Deputación e Alcaldes de Concellos galegos e asturianos defenden a recuperación da Vía Rexia do Norte, así como o seu recoñecemento oficial por parte da Xunta de Galicia como ruta histórica de peregrinación a Compostela, dentro do Camiño Norte a Santiago, que conta coa declaración de Patrimonio da Humanidade da UNESCO.
A parte do estudo finalizada e presentada hoxe por Campos Conde fai unha análise sobre o trazado histórico do treito Lugo-A Pontenova. Mantén que a Ruta de Abres é a variante máis antiga do Camiño do Norte que entra en Galicia dende o Río Eo e discorre polo Camiño Real de Meira, achegando aos camiñantes á cidade de Lugo.
Con todo, este camiño é o único de todas as alternativas xacobeas que non obtivo recoñecemento oficial, xa que non se incluíu no decreto de delimitación oficial da Ruta da Costa (DOG do 23 de decembro de 2014). Do mesmo xeito, tampouco se oficializou o Camiño Real de Meira no decreto de delimitación do Camiño Primitivo (DOG do 31 de decembro de 2012).
O estudo apunta que a pesares da falta de sinalización, esta ruta estase a consolidar entre os camiñantes que se achegan a Lugo. Por todo o anterior, o Goberno da Deputación e os Concellos polos que discorre a Vía Rexia buscan impulsar medidas de protección e recuperación, así como o seu recoñecemento oficial, co obxectivo de potenciar a economía mediante a posta en valor dos recuros patrimoniais, históricos, culturais e ambientais, que ofrece esta antiga variante do Camiño.
Tras a presentación dos primeiros resultado deste estudo, asinaron convenios de colaboración intermunicipal para traballar conxuntamente dende os Concellos de Galicia e Asturias na procura de financiamento para a elaboración dun proxecto técnico de recuperación e protección da Vía Rexia do Norte.
O Presidente explicou que a Deputación seguirá avanzando con medios propios na elaboración do estudo sobre o conxunto do trazado previo e necesario ao proxecto técnico para o se busca financiamento. Campos Conde avanzou que o organismo provincial tamén se implicará na promoción da Vía.
Cómpre lembra que, a proposta do Goberno da Deputación, o Pleno Provincial aprobou por unanimidade reclamar ao Executivo de Feijóo na Xunta de Galicia o recoñecemento ofical da Vía Rexia do Norte.
Participantes na reunión
Ademais de Campos Conde, no encontro participou o Alcalde de Meira, Antonio de Dios Álvarez; o Alcalde de Vegadeo, César Álvarez Fernández; a Alcaldesa de San Tirso de Abres, María Goretti Quintana Rey; o Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González; o Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias Sierra; o Alcalde de Castro de Rei, Francisco Javier Balado Teijeiro; o historiador Ricardo Polín; o ex Director do Castro de Viladonga, Felipe Arias, a actual Directora do Castro de Viladonga, Elena Varela; así como representantes dos Concellos de Pol e Lugo, ademais de técnicos provinciais.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



