- Máis de 130 veciñas súmanse ao Encontro de Mulleres de El Franco, que homenaxeou a Cristina Pérez Castaño
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
- A deputada Iria Castro e a concelleira Maite Ferreiro visitaron o Auditorio Fuxan Os Ventos para supervisar os últimos preparativos da Gala dos Premios Mestre Mateo, que mobiliza arredor de 200 profesionais
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
- Con motivo da celebración do Día das Tortillas o domingo 22 de marzo, permanecerán abertos de xeito excepcional os aseos públicos da praia de Area e da área recreativa de San Roque
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
- Do 23 de marzo ao 5 de abril, o Concello de Navia realizará obras
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
- O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que, a partir do luns 23 de marzo, a avenida de Cervantes permanecerá cortada ao tráfico ata novo aviso con motivo dos traballos de arranxo do firme
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
- O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza con Diego Campo, presidente da asociación cultural Fanto Fantini, que organiza o festival Osa do Mar, para avanzar nas vías de colaboración de cara á próxima edición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
- O Coro Eufonía ofrecerá unha actuación o vindeiro 22 de marzo ás 19:30 horas na Catedral de Mondoñedo
A actividade conta coa colaboración do Concello.