Lugo 21-3-17. O Goberno da Deputación organiza a xornada informativa sobre “A situación do eucalipto na Reserva Biosfera Terras do Miño”, que terá lugar o 29 de marzo no Salón de Actos de San Marcos, coa participación de máis de vinte expertos de diferentes ámbitos. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través da web www.deputacionlugo.com, ata completar as 132 prazas dispoñibles.
A xornada está estruturada en tres mesas redondas, que se celebrarán en quenda de mañá e tarde, cos seguintes títulos: “A política forestal nun territorio en cambio”, “Implicacións ambientais e sociais do eucalipto” e “Propostas de futuro para a xestión”. Os poñentes son expertos da Universidade, do sector madereiro, técnicos e colectivos ecoloxistas, que expoñerán os diferentes argumentos e datos que avalan os diferentes posicionamentos en torno ao cultivo do eucalipto.
O Executivo Provincial decidiu organizar esta xornada a proposta do órgano de participación da Reserva Biosfera Terras do Miño. Ademais, ante a preocupación xerada polo borrador de Decreto da Xunta que prohibe a plantación de eucalipto en 29 Concellos lucenses. Neste contexto, o Goberno da Deputación tamén organizou o pasado mes de febreiro un encontro informativo con 13 Alcaldes dos municipios afectados.
Programación
A xornada está organizada en tres mesas redondas, con múltiples intervencións, que darán paso a un debate final. A programación é a seguinte:
Mesa redonda “A política forestal nun territorio en cambio.” 10:00–12:00h. Moderador: Pablo Ramil Rego, Director do IBADER – USC. Participantes:
• Olga Iglesias Fontal, Xefa Territorial de Lugo da Consellería Medio Rural
• Xoan Novoa Rodríguez, Comisario da Confederación Hidrográfica Miño-Sil
• Mario Rouco Rey, Concelleiro e 2º Tenente Alcalde do Concello de Muras
•Manuel Francisco Marey Pérez, enxeñeiro de Montes e profesor titular do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñería da USC.
• Juan Castro Insua, enxeñeiro agrónomo do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
• Roberto J. Hermida Lorenzo, Presidente Asociación Galega de Custodia do Territorio. Intervencións de 10 minutos e debate final de 30 minutos
DESCANSO. 12:00 – 12:30 h.
Mesa redonda “Implicacións ambientais e sociais do eucalipto”. 12:30–14:30 h. Moderador: Jesús Domínguez Conde, técnico do Órgano Reitor da Reserva da Biosfera Terras do Miño e profesor doutor da USC. Participantes:
• Antonio Rigueiro Rodríguez, Vicepresidente de Relacións Institucionais da Asociación Forestal de Galicia
• Adolfo Cordero Rivera, Catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo
• Roque Julio Rodríguez Soalleiro, Coordinador do Grupo de Traballo de elaboración das directrices do Plan Forestal de Galicia
• Jacobo Feijóo Lamas, Secretario Xeral da Asociación Sectorial Forestal Galega– ASEFOGA
• Margarita López Blanco, Xefa Territorial de Lugo da Consellería Medio Ambiente e Ordenación Territorial
• Adela Figueroa Panisse (ADEGA).
Mesa redonda “Propostas de futuro para a xestión”. 16:30–18:30 h. Moderador: Alberto Rojo Alboreca, enxeñeiro de Montes e profesor titular do Departamento de Enxeñería Agroforestal da USC. Participantes:
• José Manuel Yglesias Espiño, Presidente da Comunidade dos Montes Veciñais en Man Común de Carballo – Friol
• Daniel Villapol Valea, vogal da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo
• Ramón Reimunde Noreña, Presidente da Asociación de Produtores de Madeira de Galicia, Promagal
• José Manuel Reguera Pereira, Presidente da Asociación dos Productores dos Montes de Castroverde e da Comunidade de Montes de Mirandela
• Representante do Departamento de Conservação da Natureza e Florestas do Norte do ICNF (Portugal)
• María Concepción Blanco Montecelos, representante da Asociación de Mulleres Rurais Fonte da Xonza.
Conclusións finais. 18:30 – 19:30 h.






















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



