Burela 4-3-17. O venres 3 de marzo (de 10.00 a 13.30h) os alumnos e alumnas de 2º de ESO do IES Monte Castelo de Burela desprazáronse a Foz para participar nunha actividade de Educación Viaria no Parque Infantil de Tráfico que se completou cunha xincana sobre o mesmo tema
Con esta visita pechábanse as I Xornadas de Educación Viaria que comezaron o xoves, 2 de marzo, cunha charla educativa sobre: normas, sinalización, peóns, ciclistas, uso de cinto e como actuar en caso de accidente adaptada á idade dos participantes (13-14 anos).
Na devandita presentación, ademais dos contidos de cada un dos temas elixidos, propuxéronse distintos xogos e preguntas para lograr unha maior implicación dos mozos e mozas.
Outra parte fundamental foi coñecer o protocolo Protexer-Avisar-Socorrer (PAS) que debemos seguir en caso de accidente e unha práctica de como realizar unha reanimación cardiopulmonar na que todos aprenderon a facela. Por último, viron o funcionamento dun DESA (desfibrilador).
A xornada práctica do venres demostrou os coñecementos e actitudes adquiridas tras a charla, destacando sobre todo a gran participación dos grupos en todas as propostas, aínda que sen dúbida conducir os cars no circuíto do PIT foi a súa preferida.
As I Xornadas de Educación Viaria están organizadas polos Departamentos de Sanidade e Orientación do IES Monte Castelo e todos os contidos e organización correron a cargo dos alumnos e alumnas de 2º curso do Ciclo Superior de Saúde Ambiental.
Colaboraron: 2º de BAC de Artes co deseño dos carteis que se usaron na campaña publicitaria do evento, así como o Concello de Burela, o Concello e Policía Local de Foz e o Equipo Directivo do IES Monte Castelo.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



