Burela, 26 de abril de 2017. A Escola Municipal de Música de Burela propón varios obradoiros que se levarán a cabo dende hoxe, 26 de abril, e ata finais de curso. A Aula Vogal pasou esta mañá polos IES Perdouro e Monte Castelo para achegar ao alumnado a esta actividade.
Hoxe a Aula Vogal presentou nos IES Perdouro e Monte Castelo o obradoiro vogal cun concerto a cargo de alumnos e profesores da Escola, para todos os rapaces dende 12 anos, e público en xeral, que queiran aprender a cantar e disfruten desa actividade totalmente gratuíta.
Segundo explica o director da Escola, Xan Carballal, “no programa figuraban lieds, cancións napolitanas e mesmo algún número de zarzuela. Realizáronse catro quendas para facilitar a asistencia dos diferentes cursos e para tratar de interferir o menos posible na xornada lectiva habitual”.
Carballal contou que “o concerto tivo moi boa acollida xa que previamente houbo contacto entre os mestres de música de tódolos centros para que os rapaces puideran coñecer repertorio e estilos musicais antes da presentación por parte da Escola de Música”.
Para inscribirse no obradoiro deberán cumprimentar unha folla de inscrición que foi facilitada nos institutos e que tamén poden cubrir o resto dos interesados na Escola de Música o día da presentación de dito obradoiro, que será hoxe mércores, ás 16:00 horas ou tamén ás 21.00 horas. Será o primeiro encontro deste obradoiro vogal, no local da Escola Municipal de Música.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



