Ribadeo, 20 de abril de 2017. A Concellaría de Igualdade programa varias actividades para esta fin de semana. O sábado haberá un baño de sol e movemento no faro da Illa Pancha e o domingo será a viaxe ao Talaso de Xixón. Ademais desde mañá, venres, e ata o vindeiro mércores, 26 de abril, chegarán ás parroquias do rural técnicas de auto coidado e benestar para as mulleres.
Desde a Concellaría de Igualdade e desde CIM explican que “Corpo de Muller foi un programa posto en marcha o pasado setembro pola Concellería de Igualdade dirixido a aquelas mulleres que desexen mellorar a súa utilización corporal cun método de fisioterapia suave, progresivo e activo, a reeducación postural global . Como remate deste programa Corpo de Muller o sábado, 22 de abril, levárase a cabo un baño de sol e movemento no faro de Illa Pancha. Sairase andando ás 10.30 horas desde o Cantón para chegar ao faro e facer unha hora de exercicios de reeducación postural global, nese marco tan espectacular para facer exercicio ao aire libre”.
Desde o CIM engaden que “desde este venres, 21 de abril, ata o vindeiro mércores, día 26, se desenvolverá o programa Amigo Corpo, que ten como finalidade levar ás parroquias do rural técnicas de auto coidado e benestar das mulleres. Por este motivo impartirase unha sesión que contén elementos teóricos e prácticos co fin de que as persoas asistentes consigan unha serie de ferramentas sinxelas para o auto coidado diario do seu corpo e a prevención de lesións. Esta actividade desenvolverase dentro do programa de dinamización das parroquias, polo que se concentrará nas de Rinlo, Vilaosende, Remourelle e Vilela”.
Por outra banda, para rematar o domingo, día 23, “sairemos ás 14.30 horas para ir pasar a tarde nas instalacións do Talasoterapia de Xixón, no que se cubriron todas as prazas ofertadas”, engaden desde a organización.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



