Lugo, 20 de abril de 2017. O Vicepresidente da Deputación e Deputado de Vías e Obras, Manuel Martínez Núñez, está a avanzar nun acordo pioneiro con maderistas e eléctricas con dous claros obxectivos: 1) conceder coa máxima axilidade os permisos legais necesarios para o uso seguro de estradas provinciais durante o desenvolvemento da actividade destes profesionais; e 2) garantir a conservación das vías tras a execución destes traballos.
Martínez xa chegou a un acordo coa Federación de Aserraderos e Rematantes de Galicia (FEARMAGA), Fenosa e Gas Natural tras varias reunións con representantes dos mesmo. En anualidades pasadas, o responsable de Vías e Obras xa acadou o consenso con ENCE. A vindeira semana, manterá unha xuntanza coa Asociación da Madeira de Lugo, co que xa está en contacto. O obxectivo do Vicepresidente é que o Goberno da Deputación asine un convenio de colaboración que aglutine a todos os profesionais do sectores da madeira e da electricidade co que fixar un protocolo de actuación común.
“O que buscamos dende o Goberno da Deputación é ofrecer todas as facilidades para que as empresas poidan, con toda a axilidade posible e máxima seguridade, traballar na nosa provincia, investindo polo tanto na mesma; favorecendo a súa labor mediante o emprego das estradas provincias”, explicou o Vicepresidente.
Este protocolo de actuación común no que avanza Martínez implica un único proceso para que as empresas leven a cabo a súa actividade en estradas provinciais, evitando constantes trámites por cada actuación. Para elo, a empresa comprométese ao depósito dun aval co que asegurar aos traballadores de posibles entidades subcontratadas e responder ante os danos que se puidesen ocasionar nas vías. A Deputación realizará levantamentos parciais de actas de execución, e non trámites individuais por cada acción.
O Vicepresidente adiantou está a avanzar un protocolo común para facilitar do mesmo xeito traballos semellantes por parte de particulares.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



