Lugo, 5 de abril de 2017. O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, valorou este mércores o Presuposto Xeral do Estado, que prevé investimentos de 7.540 millóns no conxunto do territorio español, dos que a provincia de Lugo recibe “un pírrico 0,8%” dos mesmos, con 66 millóns, “que nin tan sequera se executarán, como pasou o ano pasado”.
“Para o PP de Rajoy os lucenses non temos ningunha importancia. Para o PP de Feijóo os lucenses non somos como o resto de galegos, pois a nosa provincia recibe o 7% dos investimentos totais previstos para Galicia mentres o investimento para Ourense multiplica por 7 o de Lugo”, engadiu.
“O AVE a Lugo segue desaparecido dos Orzamentos do Estado. Só se prevén pequenas actuacións para manter e mellorar un pouco a liña existente, pero da conexión por alta velocidade con Ourense e, polo tanto, co resto do Estado: cero”.
“É un insulto que o PP convide aos lucenses a ir a coller o AVE a Ourense no 2021. Non se consigna un só euro para a estación intermodal, o que significa un portazo máis ao AVE a Lugo, pois sen intermodal non pode haber AVE”.
“A provincia máis estudiada”
“A A-54, a autovía Santiago a Lugo, adiada como mínimo ata o ano 2020. A A-56, a autovía Lugo–Ourense, nin un metro na provincia de Lugo. A A-76, a autovía Ponferrada–Monforte – Ourense, na provincia de Lugo só algo para a circunvalación de Monforte, nin un metro, nin un euro máis, previsión moito máis aló de 2020. A A-74,a autovía Barreiros–San Cibrao, cantidades ridículas que nin se executarán, coa previsión de investimento iríase moito máis aló do 2020, polo menos ao 2025”.
“O resto estudios. Imos ser a provincia máis estudiada do mundo pero na que nunca se fai nada. Nin un euro para a nova comisaría, nin para a obra nin para os estudios previos. Cero euros outra vez. Nada tampouco para o plan director do Hospital da Costa”.
“Lugo queda relegada, como mínimo, á seguinte década para ter algunha infraestrutura decente”.
220.000 euros para Mondoñedo. Cero para o resto de Concellos
“Estes orzamentos son un insulto aos lucenses. Ninguén da provincia de Lugo pode estar de acordo con este desprezo. É lamentable que a voceira do PP, Elena Candia, presuma de estes orzamentos. E é moi preocupante que diga que recollen os compromisos do Partido Popular coa provincia de Lugo, porque, entón, é evidente que o compromiso do PP de Candia coa provincia de Lugo é cero absoluto”.
“Debería caerlle a cara de vergonza, e debería recoñecer que o único que conseguiu dos orzamentos do Estado, que quizais era o único que lle interesaba, son 220.000 euros para o Concello de Mondoñedo. Para os restantes municipios, cero euros outra vez”.
“Con estes orzamentos a provincia de Lugo ten que resignarse de novo ao insulto do Goberno Central, sumado ao desprezo da Xunta de Galicia e á falta de compromiso e proxecto do Partido Popular”.
“O AVE nin se lle espera, pois convídanos a coller o AVE en Ourense no 2021. A autovía a Santiago, máis aló do 2020. A autovía a Ourense, máis aló do 2020 tamén. A autovía da Mariña Occidental, máis aló do 2020 outra vez. Lugo para o PP non existe”.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



