Ribadeo, 20 de abril de 2017. O Concello de Ribadeo acolle por vez primeira en residencia artística a obra escénica multidisciplinar Juana, onde poesía, danza e música se imbrican coa inspiración da poeta uruguaia Juana de Ibarbourou, Juana de América.
Filla de pai laurentino, esta escritora americana dá nome á biblioteca de Lourenzá e corresponde co lugar de nacemento da creadora e directora da obra, Marina Oural. Son os versos de Juana os que lle inspiraron a creación dunha performance onde integra textos propios, xunto a poemas da poeta uruguaia e un de Rosalía de Castro. Pon a voz e corpo a textos que brincan con música e danza composta para esta peza. Asumen así o risco varios artistas de diferentes ámbitos o reto de compor unha obra de arredor de 50 minutos onde a Improvisación Libre Multidisciplinar é a ferramenta base de traballo.
Por primeira vez todo, textos, dirección, equipa e obra é un claro paso de creación compartida desde o individual ao colectivo, diferentes xeracións no escenario e textos de mulleres de tres séculos diferentes con música e danza ao servizo da composición escénica e a docencia, o teatro, e en definitiva a aprendizaxe e universalidade da arte como vínculo de construción e vida.
O lugar elixido pola equipa para a residencia artística (remate de ensaios) é o Cine Teatro de Ribadeo e as datas serán os días 2, 3 e 4 de maio. Este espazo foi escollido tamén para a estrea o 10 de xuño ás 21 horas.
Desde a equipa da obra agradecen a colaboración do Concello de Ribadeo e o apoio á creación desta perfomance que desde setembro de 2016 comezou a xestarse, realizando ensaios en diferentes espazos colaboradores da península. Foron os seguintes:
– Galicia: A Escondida Café-Concerto-Espasante, RefuxioMOV-Lourenzá, Centro Dramático Galego (Santiago de Compostela), SGAE (Santiago de Compostela) /sept-2016-xaneiro 2107
– Andalucia: Espazo Silvestre -Véjer de la Frontera- Cádiz /febreiro 2017
– Madrid: SGAE e LA CASA ENCENDIDA /marzo 2107
– Cine-Teatro Ribadeo /Residencia artística 2, 3 e 4 de maio 2017



















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



