Burela, 3 de abril de 2017. A Concellería de Deportes organiza a segunda Semana do Deporte, que se celebrará do 5 ao 9 de abril. O edil Ramiro Fernández Rey presentou esta tarde o programa de actividades xunto ao alcalde, Alfredo Llano, e o técnico municipal de Deportes, Iván Cao “Lucas”.
O responsable de Deportes relatou que “o programa dará comezo este mércores, día 5, cunha charla sobre A influencia dos país na actividade deportiva, que correrá a cargo de Plácido Sánchez, psicólogo do CD Lugo. Será na Casa da Cultura ás 21:00 horas”. Fernández Rey indicou que “ás veces a actitude dos pais nos campos de fútbol non son as máis axeitadas, tal e como vemos case a diario nos medios de comunicación. Queremos facer fincapé en cómo se debe afrontar esa actividade deportiva entre os nenos, que debería ser máis como divertimento e para facer compañeirismo, en lugar de fomentar grandes rivalidades entre os cativos. Penso que será moi positivo escoitar as reflexións de Plácido Sánchez”.
Ramiro Fernández Rey continuou salientando que “o xoves, 6 de abril, é o Día Internacional do Deporte para o Desenrolo e a Paz, polo que a actividade será durante todo o día. Entre as dez da mañá e as doce e media do mediodía, os xogadores do CD Burela FS Pescados Rubén visitarán a Escola Infantil onde teremos un circuíto deportivo, que o ano pasado foi todo un éxito. E pola tarde terá lugar unha charla sobre O papel do árbitro no deporte a cargo de Rubén Eiriz Mate, árbitro de 2ª División de Fútbol e árbitro internacional de fútbol praia, Jacobo Rial, árbitro da Liga Endesa de baloncesto, e Xavi Nistal, árbitro de fútbol sala da delegación de A Mariña. Actuará como moderador Suso Pena, responsable de Deportes en El Progreso A Mariña. Será no salón de conferencias ás oito da tarde. Estes árbitros darannos a súa visión sobre o papel dos árbitros, cómo chegaron ata aquí, os pros e os contras da arbitraxe, etc…”.
O edil socialista engadiu que “o programa da Semana do Deporte continúa o venres, día 7, cunha charla titulada Primeiros auxilios no deporte. Aprende a salvar unha vida, que ofrecerá Camilo Vázquez do departamento de formación do grupo Salutrans. Colabora o 061 e terá lugar no salón de conferencias ás 20:30 horas”.
Fernández Rey contou que “o sábado, día 8, haberá unha charla a cargo de Simón Río, burelés que correu catro das seis maratóns máis importantes do mundo en Berlín, Tokio, Chicago e New York, e Alejandro Paleo, ex – ciclista profesional reconvertido a triatleta, que agora se prepara para a medio Iroman. Esta charla terá lugar no salón de conferencias ás 12:00 horas. Tamén o sábado terá lugar a presentación do Circuíto Enduro Monte Castelo, que se celebrará os días 27 e 28 do vindeiro mes de maio. Xunto ao Club Ciclista Cerezo Bikes faremos un percorrido por esa ruta de Enduro. A saída da praza do Concello será ás 16:30 horas. O programa rematará o domingo, día 9, cunha ruta de sendeirismo con Pasada das Cabras. O percorrido é de 5 quilómetros de dificultade baixa, pasando polos lugares máis emblemáticos de Burela. A saída será desde a praza do Concello ás 11:00 horas. Animamos a asistir a todo o que queira facer un pouco de exercicio o domingo pola mañá. E xa pola haberá un clínic de pádel con monitores titulados que se desenvolverá no Activity Center ás 17:00 horas. A inscrición é gratuíta e farase ao comezo da actividade”.
O concelleiro de Deportes subliñou “a grande acollida que tivo esta Semana do Deporte o ano pasado, de aí que nos decidiramos a facer esta segunda edición. Agardamos poder seguir repetindo esta experiencia en anos sucesivos. Tal e como acabo de relatar son varias as charlas que teremos estes días para dar a coñecer e fomentar os valores do deporte, sexa cal sexa a modalidade, abordando asuntos que están de plena actualidade”.
Ramiro Fernández Rey tivo palabras de agradecemento para os colaboradores coas actividades nesta Semana do Deporte, que son: Activity Center, AFD Porto de Burela, Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, Club Baloncesto Burela, CD Burela FS Pescados Rubén, Club Cerezo Bikes, CD Lugo, El Progreso A Mariña, Federación Galega de Baloncesto, Federación Galega de Fútbol, Federación Galega de Fútbol Sala, Grupo Salutrans e 061”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
