Foz, 12 de abril de 2017. O Concello de Foz levará ao pleno deste mes a aprobación dunha serie de obras en Forxán por importe de 50.000 euros como compensación pola localización da nova depuradora no barrio. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, reuniuse co presidente e o secretario da principal asociación de veciños de Forxán para acordar a execución destas obras.
O rexedor explicou hoxe: “recibín aos representantes, concretamente ao presidente e ao secretario, da principal asociación de veciños de Forxán para que, segundo nos solicitan desde o colectivo, se inclúa un plan especial de obras a cargo do remanente, tal e como se acordou no pleno de novembro do ano 2015, en compensación pola localización da nova depuradora neste barrio, cerca do límite con Fazouro.
Nesa serie de compensacións, que se acordou ir facendo nas diferentes anualidades, a asociación de veciños de Forxán solicita unha serie de actuacións incluídas nun plan especial de obras no que van 13 actuacións valoradas nuns 50.000 euros. Esas obras afectan especialmente á mellora de varias estradas do barrio e unha actuación principal, que é a posta en valor da fonte de Forxán e o seu entorno”.
Javier Castiñeira quixo “agradecer a boa disposición dos representantes dos veciños de Forxán, cos que, ademais de falar destas obras que eles solicitan neste plan especial, informóuselles de que xa se iniciou a execución dunha actuación importante tamén acordada o ano pasado: a senda peonil dende o cruce de Forxán ata o pavillón. É unha obra de seguridade necesaria, que era unha das peticións que levan moitos anos reclamando ao Concello. Xa se iniciaron eses traballos e agora, despois de Semana Santa, farase a parte máis importante desa obra”.
O alcalde lembrou que “ademais estase mellorando a cobertura de televisión co cambio do repetidor e tamén se aumentará en próximos días a iluminación na subida ao Santo pola parte de Forxán, obras que xa se están executando ou están pendentes de realizar. Estes compromisos plenarios aprobáronse no ano 2015, en novembro, co apoio de Foz Plataforma de Futuro e do equipo de goberno e vanse facer con cargo ao remanente, que se tratará no próximo pleno; esperemos que a corporación o aprobe”.
Castiñeira engadiu que “nese mesmo pleno tratarase de darlle uso aos máis de 2 millóns de euros que quedaron de remanente da liquidación do ano 2016, que, como xa anticipei, van superar os 1.800.000 euros. Con ese diñeiro, ademais deste plan especial de obras en Forxán, pagaranse as facturas que quedaron pendentes do ano 2016 e repoñeranse as partidas afectadas polo pago de 1.078.000 euros de Gestagua, que son todas aquelas partidas nas que ían obras e investimentos consensuados por toda a corporación”.
Por todo isto o rexedor afirma que “o pleno deste mes é importante, pois nesa sesión deben aprobarse todos eses investimentos e compromisos, pero tamén hai que acordarse dos veciños de Forxán, que no ano 2015 aceptaron esa localización para a nova depuradora sempre e cando haxa unha serie de compensacións en obras, como as que se acordaron nesta reunión”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



