O delegado fixo referencia á necesaria colaboración da Administración coas entidades prestadoras de servizos sociais, como é o caso, para “mellorar en todo o territorio as condicións de vida das persoas que máis o necesitan”. Balseiro lembrou que a Xunta de Galicia colaborou con 90.000 euros na posta en marcha deste centro e avanzou a disposición da Administración autonómica para seguir traballando na ampliación de servizos que beneficien aos veciños e veciñas do concello e do conxunto da comarca.