Fai uns días salía na prensa o portavoz do BNG no Concello de Burela, o Sr Pillado ó que dito sexa de paso teño en estima, facendo público un artigo de opinión que non se pode deixar pasar por alto xa que ten certos tintes de demagóxicos e de falsidade, por non usar outros termos para a súa descripción.
Falaba o Sr Pillado nese artigo de opinión de algunhas cousas que precisan unha puntualización, ou mellor dito, unha corrección para que os veciños e veciñas de Burela non caian en enganos.
O Sr Pillado nese artigo mezcla dous asuntos, non sabemos se por descoñecemento ou por tratar de enganar ós veciños e veciñas de Burela, o que nos parece grave. Fala o Sr Pillado de que a axuda da Deputación Provincial a Burela se circunscribe ó recentemente aprobado Plan Único, esquecendo, non sabemos se intencionadamente, que o Plan Único da Deputación se refire ó ano 2017, cando as obras que veu a visitar o Presidente da Deputación en pasadas datas foron obras que se fan con fondos que veñen do convenio asinado entre a Deputación e o Concello de Burela no ano 2016, non ten nada que ver unha cousa coa outra.
Quere dicir isto que no ano 2016 a inversión da Deputación no Concello de Burela ascendeu a case que 800.000 euros, e que para o ano 2017 partimos con máis de 333.000 euros do Plan Único ó que alude o Sr Pillado, que esperemos que se vexa ampliado posto que aquí non figuran as axudas a clubes e asociacións que esperemos que polo menos se manteñan neste presente ano. Que non nos mintan.
Indo ó concreto, como dixo o Sr Pillado no seu artigo, fala dos vestiarios da Marosa. Este que escribe sabe do que fala respecto a este asunto porque se reuniu con todos os Deputados Provinciales que houbo no Deputación en toda esta lexislatura e o único que puxo o que había que poñer enriba da mesa, que eran os cartos, foi o equipo de goberno de Burela e a Deputación Provincial de Lugo, ambos gobernos socialistas. O resto, tanto o Sr Ginzo, como o Sr Veiga tan só puxeron boas palabras e boas intencións, evidentemente de desexos non se fan as obras, as obras fanse con cartos. Por certo, en todo este proceso estiveron presentes os directivos do Porto de Burela, si ten calquera dúbida do que eu digo pode preguntarlles. Que non nos mintan.
Con respecto ás axudas recibidas polo Burela FS outro tanto do mesmo, os datos son tercos e os papeis non enganan, o goberno socialista da Deputación Provincial otorgou ó Burela FS a axuda económica máis grande da historia do clube por concorrencia competitiva, máis de 160.000 euros, e esto é unha cuestión que non ten discusión. Poido estar de acordo có Sr Pillado en que me gustaría que fose máis grande, pero obxetivamente foi a axuda máis grande aportada por ningunha institución a este clube na historia, e foi un goberno socialista, e foi porque evidentemente o clube ten de sobra merecida esta axuda. Que non nos mintan.
Con respecto á peatonalización tamén cabe puntualizar algo, este equipo de goberno xa levaba no seu programa electoral este aspecto, e os veciños e veciñas de Burela cando depositaron o seu voto nas furnas das eleccións municipais, entre outras cousas, votaron pola peatonalización de rúas. Este equipo de goberno está traballando nese asunto, pero tamén é verdade, e neso doulle a razón ó Sr Pillado, ten que ser unha peatonalización que non pode quedar nunha soa rúa, pero por algunha teremos que comezar, este proxecto non se vai a limitar a unha rúa senón que vai a ser un proxecto global que se irá facendo en función da financiación da que se dipoña por parte do Concello. Ninguén lle dixo que se faría con cargo ó Plan único, díxoselle que era unha posibilidade. Que non nos mintan.
Para rematar tamén queremos aclararlle ó Sr Pillado que este é o goberno de todos os veciños e veciñas de Burela e que as actuacións que se faigan van a ter en conta as necesidades de todas as zonas de Burela. Sen ir máis lonxe temos programadas actuacións en moitas zonas, Vila do Medio, Vilar, Burela de Cabo, O Torno, etc…para este equipo de goberno cada un dos veciños e veciñas de Burela son importantes e iremos priorizando actuacións alí onde faga falla sin mirar se e en Vila do Medio, Campón ou Rosalía de Castro, non miraremos eso á hora de facer as obras mirando sempre polo ben común de todos.


















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



