Santiago de Compostela, 28 de abril de 2017.- A programación cultural do mes das Letras Galegas bota a andar coa cuarta edición do Festival Mondoñedo é Poesía, que se realizará o vindeiro 1 de maio, a partir das 17:00 horas, nas rúas e prazas do municipio lucense.
A programación deste ano presentárona hoxe en rolda de prensa a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia; o presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Soto; o cronista oficial de Mondoñedo e membro do colectivo Mondoñedo É, Antonio Reigosa; e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen salientou o interese da iniciativa para “difundir e poñer en valor as voces actuais das letras galegas”.
Manuel Rivas, Eva Veiga, Marta Dacosta, Miriam Ferradáns, Modesto Fraga, Montse González, Ana Vila, Antón de Guizán, Antón Fortes, Carmen Lage, Carmen Rodríguez, Daniel Irimia, Eva García e Paloma Suanzes son os protagonistas este ano do recital poético musical, que terá lugar ás 19:00 horas no auditorio Pascual Veiga. Tampouco faltarán as regueifas nin as propostas artísticas, cunha exposición que terá como eixo a poesía.
Protagonismo dos poetas mindonienses
Ademais de darlles visibilidade aos autores e autoras actuais, o festival “recupera figuras senlleiras do noso sistema literario que teñen nunha das sete capitais do antigo reino de Galicia a súa terra natal, como Álvaro Cunqueiro, Noriega Varela, Díaz Jácome ou Leiras Pulpeiro”, afirmou o secretario xeral. “Precisamente –recordou–, os escritores mindonienses teñen este ano un dobre protagonismo na axenda cultural de Galicia”, xa que, segundo explicou Anxo Lorenzo, tamén son o eixo central do programa ‘No bico un cantar 2017’, que levará ao municipio lucense, o próximo 2 de xuño, un concerto cun coro infantil de máis de 500 nenos e nenas para cantar os versos dos poetas desta terra, co acompañamento musical de Hércules Brass e baixo a batuta do mestre Maximino Zumalave.
Mondoñedo é Poesía dará comezo o 1 de maio, ás 17:00 horas, cunha ofrenda-homenaxe a Eduardo Lence-Santar co gallo do centenario do seu nomeamento como cronista oficial do municipio lucense, cargo que exerceu durante máis de corenta anos.
Achegarlle a poesía á cidadanía
O festival ten como principal finalidade achegar este xénero literario á rúa para a súa difusión entre todos os públicos, poñendo en valor o patrimonio literario mindoniense en particular e o galego en xeral. Partindo do legado literario de figuras como as de Álvaro Cunqueiro, de Leiras Pulpeiro, Díaz Jácome e outros escritores nados en Mondoñedo ou que tivesen este concello como lugar de formación ou inspiración, o festival quere dar a coñecer novas figuras literarias que cultivan a poesía en galego a través de actividades dirixidas a todas as idades.
A Secretaría Xeral de Cultura vén colaborando con esta iniciativa que promove a Asociación As San Lucas co apoio do Concello de Mondoñedo e do colectivo Mondoñedo É.





















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



