Burela, a 5 de abril de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela afirmou hoxe que “os problemas que se están xenerando nestes días coa recollida de lixo e coa limpeza viaria son responsabilidade exclusiva do alcalde e do primeiro tenente de alcalde, que non son capaces a organizar os servicios como tén que ser dado o cambio de empresa concesionaria”.
Os populares denuncian, entre outros problemas, que “durante o fin de semana quedou cartón sen recoller desde o mediodía do sábado. Ademáis, a barredora non funcionou nin o luns nin onte, martes, con acumulación de lixo en certas rúas de Burela. E onte, para máis inri, a recollida de lixo fíxose nas horas centráis do día e primeiras da tarde, coa consabida formación de retencións de tráfico, cando sempre estivo rematada ás dez da mañán”.
Desde o GMP consideran que “antes e despóis do cambio de empresa, o servicio que hai que facer segue sendo o mesmo, recoller o lixo e limpar as rúas. E que a cousa se faiga ben non é responsabilidade dos traballadores (que non se incrementaron en número, como afirmou no seu día o goberno municipal que ocurriría), nin tampouco da empresa, senón do alcalde e do primeiro tenente de alcalde que demostran a súa incapacidade cunha nefasta organización”.
Finalmente, os edís populares confían en que, “dado que antes a culpa era do goberno do PP e da empresa concesionaria, agora asuman a parte de culpa que lles corresponde, que nós entendemos que é toda, e que sexan capaces a, cando menos, evitar que estes problemas se repitan con certa asiduidade”.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



