Mondoñedo, 23 de abril de 2017.- A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, deu a coñecer hoxe as bases reguladoras para a creación dunha bolsa municipal de locais comerciais e sen actividade, que someterán a consideración do Pleno na vindeira sesión. Esta iniciativa, á que animan a facer achegas, é unha proposta de rexeneración do corazón histórico do Concello, que xorde coa finalidade de impulsar o desenvolvemento dunha política municipal de dinamización económica e social, a través da implementación dunha serie de medidas a curto e medio prazo relacionadas coa industria e a innovación, a consolidación do tecido empresarial, a xestión da facenda pública e do urbanismo e a potenciación dos sectores produtivos do Concello, todo isto co fin de revitalizar a xeración de emprego e a actividade económica.
A rexedora precisa que o obxectivo do proxecto é que o Goberno local actúe como intermediario para fomentar a dinamización no casco urbano, dando así seguridade aos propietarios.
Elena Candia afirma que con este proxecto “quérese ratificar o firme compromiso de facer de Mondoñedo un Concello máis cohesionado, integrado e sustentable, que vela polo patrimonio cultural e artístico, pero que á vez xera novas oportunidades sociais e económicas para un crecemento innovador e integrador”.
O impulso e rexeneración do corazón do Concello actuará como eixo dinamizador de toda a trama urbana, fomentando a actividade económica, social e turística da zona centro e propiciando a súa reactivación de xeito cohesionado e compacto.
Ámbito de Actuación
A finalidade deste proxecto é que os propietarios de locais comerciais que se atopan sen actividade e en desuso e queiran alugar o seu local utilicen este servizo e que á súa vez, os emprendedores que queiran crear unha empresa ou empresarios que necesiten un local para o seu negocio dispoñan de información destes locais baleiros para o seu aluguer.
O ámbito de actuación serán todo o caso urbano do Concello.
Serán destinatarios deste proxecto: 1.- Os propietarios de locais: Todos aqueles que dispoñan de locais desocupados, susceptibles de ser alugados para o desenvolvemento dunha actividade empresarial. 2.- Os emprendedores ou empresarios: Todos aqueles emprendedores que busquen un local comercial en réxime de aluguer para poñer en marcha o seu proxecto ou aqueles empresarios que queiran dispoñer dun local para desenvolver e/ou ampliar a súa actividade empresarial.
Cómo se vai articular
O Concello de Mondoñedo publicará na súa web www.concellomondonedo.es unha ficha técnica de cada un dos locais susceptibles de ser arrendados especificando a localización, características e fotografías do local. Esta información será actualizada de xeito permanente. Comprobaría ademais que os locais contan coa preceptiva licenza ou comunicación previa municipal e atenderá a aqueles que o soliciten a través do formulario colgado na web para facilitar o asesoramento empresarial.
O Concello de Mondoñedo non intervirá como intermediario na relación contractual do arrendamento, nin ofrecerá ningunha garantía ao arrendador sobre o pago dos locais por parte do arrendatario. Os propietarios dos locais deberán entregar a documentación correspondente, fixada nas bases.
Os datos facilitados serán incorporados na base de datos xestionada polo Concello e terán unha vixencia de seis meses, salvo que os locais sexan alugados, co que os propietarios deberán comunicar a súa baixa na Bolsa ao realizar o contrato de arrendamento.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



