Fai unhas semanas xerábase unha enorme polémica en torno a un autobús vinculado a unha plataforma da ultradereita que tentaba facer noxenta propaganda atacando a liberdade individual e a diversidade sexual e de xénero. O lema final era “Que non te enganen”. Sucedéronse as reivindicacións en resposta a este fenómeno.
Estes días, en Burela, desde o grupo municipal do BNG, defendíamos importantes servizos para a vila e para a comarca da Mariña: a fisioterapia no Centro de Saúde e o ferrocarril. O alcalde desta vila apoiou as demandas presentadas polo BNG mais chegou a afear a nosa conduta por non termos apoiado melloras na sanidade. Rotundamente falso. Mesmo tentou apropiarse da defensa do noso ferrocarril, unha problemática que o BNG está a tratar nos concellos, na Deputación Provincial e mesmo no parlamento galego, onde o PP ven de rexeitar a súa transferencia á Xunta de Galiza. As competencias nesta materia correspóndenlle ó goberno do Estado. O PSOE tivo responsabilidade nesa administración, o BNG non. Que non nos enganen.
Tamén vimos estes días na prensa vistosas fotos dos señores da deputación visitando a nosa vila. Ata 800.000 euros engordaban os titulares dos xornais. En liñas interiores o detalle coas actuacións concretas, que cando se ten un pouco de memoria fotográfica, resulta moi familiar. Tanto que revisando a hemeroteca un atópase información nos medios locais do pasado agosto coa mesma información, case coma por coma. A única diferenza, a contía, algo máis duns 300.000 euros máis nesta ocasión, que non veñen sendo outros que os que se lle asignaron ao concello de Burela por parte da Deputación de Lugo no Plan Único, 150.000 euros destes como mínimo para obras e servizos. Non é que a deputación vaia investir case un millón de euros máis en Burela. É propaganda repetida que os gobernos de concello e deputación, ambos socialistas, nos venden coa adición dun Plan Único, proposto polo BNG e sacado adiante co apoio do BNG. Que non nos enganen.
Indo mais ó concreto, unha das pezas mais cobizadas do espectáculo son os vestiarios do campo de herba artificial da Marosa. Unha obra moi necesaria e que non chegou antes polos problemas xerados no goberno provincial polo desgoberno no PSdG. Que non nos enganen.
Tamén chama moito a atención unha partida de 32.000 euros para Feira do Libro, Feira do Bonito, Liga Galega de Traíñas e Festival Osa do Mar. Cantidades que semellan reducidas comparando co que se asignaba a este concello cando a parcela de Cultura e Deporte en Lugo era xestionada polo BNG. E falando de deporte, a deputación concedeu en 2017 algo mais de 160.000 euros ó CD Burela FS con dous equipos, un deles feminino, en primeira división, mentres repartiu un millón de euros entre tres equipos da capital provincial que militan en segundas categorías do deporte estatal. Que non te enganen.
Semella que salta a polémica na nosa vila sobre a peonalización dalgunhas rúas (polo que puidemos saber ate o momento, trátase dun pequeno tramo dunha rúa). Para este cometido, enténdense que o equipo de Alfredo Llano empregará o Plan Único, pero cando se lle preguntou no Pleno cales ían ser as medidas concretas non soubo definir absolutamente nada, tendo en conta que debe presentar as propostas para optar a ese diñeiro no prazo dun mes.
As zonas acondicionadas para o tránsito de persoas nas vilas melloran a calidade de vida das mesmas e deste xeito o tecido comercial e turístico desenvólvese. O beneficio é común. Pero non pode confundirse o interese xeral co interese duns poucos. Porque de Burela tamén forman parte Vilar ou a Vila do Medio, con severas carencias, que tamén atopamos noutras rúas moito máis céntricas. Para solucionar todo iso, técnicos expertos na materia deben realizar estudios serios que rematen nun plan integral. Que non nos enganen.
Mario Pillado Mon
Voceiro BNG Burela



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



