Barreiros, 22 de maio de 2017.- As veciñas e veciños de Barreiros veñen de beneficiarse de novas obras e servizos impulsados pola Xunta de Galicia en colaboración coa administración local e para os que se destinaron preto de 700.000 euros nos últimos meses.
En particular, o delegado territorial da Xunta exemplificou estes apoios comprobando, en compañía do alcalde da localidade, Alfonso Fuente, o resultado de dúas obras que contaron co financiamento da administración autonómica.
En San Cosme de Barreiros, supervisaron as actuacións de reurbanización e mellora do entorno do Teleclub na rúa da Praia, executada co apoio da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Grazas á mesma melloráronse as beirarrúas, ampliouse a zona de aparcamento e modernizáronse os servizos de saneamento e abastecemento dun dos espazos máis relevantes pola súa proximidade a varias instalacións públicas como o Teleclub, a aula de informática ou a antiga biblioteca e por ser o acceso ao centro de saúde, colexio e gardaría
Por outra banda, o Goberno galego tamén executou a recuperación da ruta dos Toxeiros, poñendo en valor un sendeiro natural e peonil que contou co apoio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Neste caso actuouse en 1.065 metros dunha ruta de especial beleza paisaxística e natural, adecuando o sendeiro con zahorra, dotándolle das drenaxes pluviais necesarias e procedendo á limpeza xeral deste percorrido sito en San Miguel de Reinante.
Outras actuacións
Pero estas non foron as únicas actuacións impulsadas co apoio da Xunta de Galicia neste municipio e, por exemplo, no ámbito laboral, contou cun obradoiro de emprego no que participaron 20 alumnos, e financiouse a contratación de socorristas e tres traballadores municipais con cargo ao programa Aprol.
No ámbito social unha das actuacións máis salientables é o financiamento e sostemento do servizo de axuda no fogar para persoas en situación de dependencia, para o que se destinou só en 2016, 139.768 euros e tamén se recibiron achegas para a contratación do persoal dos servizos sociais, mellora e equipamento das escolas infantís e o servizo de promoción e información xuvenil.
Barreiros tamén recibiu importantes axudas no ámbito deportivo, que permitiron a dotación da cuberta na pista de padel, con case 50.000 euros de investimento; achegáronse 3.000 euros para apoiar a Festa do Emigrante, e 20.000 para infraestruturas, sinalización e mellora da accesibilidade turística.
Os apoios do Goberno galego complétanse coas achegas da Vicepresidencia, que superan os 74.600 euros, e que permitiron a execución da obra de saneamento nas parroquias de Viladaíde e As Pasadas e a mellora do equipamento do centro sociocultural de San Cosme de Barreiros, á que habería que engadir a xa citada reurbanización do entorno do teleclub. No caso do Plan Marco de melloras de camiños, o orzamento, con cargo ao departamento de Medio Rural, está próximo aos 69.000 euros















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



