Lugo, 26 de maio de 2017. A Volta ás Comarcas de Lugo 2017, Desafío Volta Lugo, arranca este venres con 176 participantes inscritos e o patrocinio principal do organismo provincial. O Goberno da Deputación decidiu realizar unha achega de 65.000 euros para a celebración desta cita deportiva como dinamizadora da economía lucense, posto que terá un retorno económico aproximado de 100.000 euros para a provincia, así como pola oportunidade única que supón para promover turisticamente cada un dos 13 Concellos polos que discorre: Lugo, Castro de Rei, A Pastoriza, Riotorto, A Pontenova, Meira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, O Cádavo, Castroverde, O Corgo, Láncara e Guntín.
O Desafío Volta Lugo é unha das citas máis agardadas da tempada posto que se trata da única volta cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia, e unha das poucas que se celebran a nivel nacional. Isto, unido á espectacularidade do percorrido, fai que a afluencia de ciclistas chegados de toda a xeografía española sexa moi importante. En efecto, nesta terceira edición do Desafío, o número de participantes chegados de lugares tan dispares como Ibiza, Barcelona, León, El Bierzo, Asturias, País Vasco, Segovia, Madrid, Valencia ou Cáceres, supera incluso ao número de corredores das catro provincias da comunidade galega que contarán con representación neste evento cicloturista en bicicleta de estrada non competitivo.
Isto é un bo indicador do excelente escaparate que supón a Volta ás Comarcas para a promoción da provincia pola cantidade de xente que consegue reunir, xa que moitos dos corredores acudirán acompañados por familiares e amigos, e as súas diferentes procedencias. Deste xeito, os participantes terán a oportunidade de coñecer a riqueza paisaxística e cultural das distintas zonas polas que transcorre o percorrido.
Mañá terá lugar a primeira etapa, os corredores sairán ás 11:00 horas da Praza Maior de Lugo e chegarán á Rúa das Escolas, na Pontenova. En total, percorrerán unha distancia de 86,8 quilómetros, cun desnivel acumulado de 1.193 metros positivos, atravesando altos de montaña como o Alto de Lindín (3ª Categoría), o Alto de Cruz da Cancela (2ª Categoría) ou o Alto de Augaxosa (2ª categoría). Esta primeira etapa pasará polos Concellos de: Lugo, Castro de Rei, Pastoriza, Riotorto, A Pontenova.
Desafío Volta Júnior
O Desafío Volta Júnior nace como un complemento á Volta Ciclista ás Comarcas para involucrar a toda a poboación dos Concellos que son saída e chegada de cada etapa, especialmente, aos nenos e nenas de cada un deles. Este venres, entre as 16:00 e as 17:00 horas no Colexio da Pontenova instalaranse uns circuítos de habilidade, destreza e velocidade onde os nenos e nenas poderán sentirse como auténticos profesionais, xa que dispoñerán da mesma infraestrutura, loxística e medios humanos que o resto de deportistas.
Programación
VENRES 26 DE MAIO
08.30 – 10.00 horas: Apertura oficina permanente recollida de bolsa do corredor e dorsais. Camión Podio, Praza Maior (Lugo)
10.00 – 10.50 horas: Concentración e control de firmas corredores. Lugo (Praza Maior)
11.00 horas: Saída neutralizada Lugo. Praza Maior (Lugo)
16.00 – 17.00 horas: Ginkana Desafío Volta Júnior. Colexio da Pontenova.
14.15 horas: Chegada primeiros participantes e apertura zona vestiarios.
Comida de participantes. A Pontenova (Pavillón deportivo)
16.30 horas: Saída autobuses participantes.
Con aloxamento: A Fonsagrada (Escola Hogar)
Sen aloxamento: Gran Hotel Lugo (Avenida Ramón Ferreiro)
20.30 horas: Cea participantes con aloxamento. A Fonsagrada (Escola Hogar)
SÁBADO 27 DE MAIO
07.00 – 8.00 horas: Almorzo participantes con aloxamento. A Fonsagrada (Escola Hogar)
08:15 horas: Saída autobuses participantes:
Lugo á Pontenova: Gran Hotel Lugo (avda. Ramón Ferreiro s/n)
A Fonsagrada á Pontenova: Escola Hogar
09:00 horas: Apertura aparcadoiro bicicletas e vestiarios. A Pontenova (Pavillón Deportivo)
09:00 – 09:50 horas: Concentración e control de firmas corredores. A Pontenova (Praza dúas Fornos)
10:00 horas: Saída Neutralizada A Pontenova. A Pontenova (Praza dúas Fornos)
15:00 horas: Chegada primeiros participantes e apertura zona vestiarios.
Comida participantes A Fonsagrada (Escola Hogar)
16:00 – 17:00 horas: Ginkana Desafío Volta Júnior. A Fonsagrada (Concello)
17:00 horas: Saída autobuses participantes sen aloxamento a Lugo. Gran Hotel Lugo (avda. Ramón Ferreiro s/n)
20:30 horas: Cea participantes con aloxamento. A Fonsagrada (Escola Hogar)
DOMINGO 28 DE MAYO
07:30 – 09:00 horas: Almorzo participantes con aloxamento. A Fonsagrada (Escola Fogar)
08:00 horas: Saída autobuses participantes desde Lugo á Fonsagrada. Lugo (Pazo de Feiras e Congresos)
09:00 horas: Apertura aparcadoiro bicicletas e vestiarios. A Fonsagrada (Escola Fogar)
09:15 – 09:55 horas: Concentración y control de firmas corredores. A Fonsagrada (Concello)
10:00 horas: Saída Neutralizada A Fonsagrada. A Fonsagrada (Concello)
12:30 – 13:30 horas: Ginkana Desafío Volta Júnior. Lugo (Pazo de Feiras e Congresos)
13:30 horas: Chegada primeiros corredores a meta e apertura vestiarios. Lugo (Pazo de Feiras e Congresos) e Pavillón O Palomar
14:00 horas: Comida Clausura e entrega de recordos conmemorativos Desafío Volta Lugo 2016. Lugo (Pazo de Feiras e Congresos)






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
