San Román de Vilaestrofe, a 6 de Maio de 2017. A empresa Area Minera del Atlánticos S.L. Atopábase ata fai uns meses inmersa nun proceso concursal, do cal saiu en setembro de 2016. A empresa adebédalle á Comunidade de Montes de Vilaestrofe preto de 350.000 euros, os cales, tras diversos prazos de pago propostos pola Dirección da empresa seguen sen pagarse, condicionando moito as actuacións da propia Comunidade.
Area Minera del Atlánticos S.L. Paralizou a súa producción en decembro de 2014, e ata ese momento vendía caseque o 100% da súa producción, con un material de alta calidade que atopaba cabida no mercado facilmente.
Preto de 60 postos de traballo directa ou indirectamente eran os que cubría a empresa, os cales foron desaparecendo tras o ERE que a empresa solicitou e lle foi concedido.
Dende a Comunidade de Montes vemos con seria preocupación toda esta situación, pois non só se perde unha empresa emblemática da zona con cuota de mercado, senón que se perden unha serie de postos de traballo e o que é máis importante ó noso parecer, XÉRASE UN ENORME PERIGO CARA OS VECIÑOS DE SAN ROMÁN DE VILAESTROFE, POIS UNHA MINA ABANDONADA E SEN VISOS DE POÑERSE EN MARCHA, PODE TER GRAVES CONSECUENCIAS NO CASO DE NON SER RESTAURADA, DADO QUE A FENDA EXISTENTE NO MONTE SEGUE SEN SER RESTAURADA.
A Comunidade de Montes tentou por todos os medios poñerse en contacto coa Dirección da empresa, pero esta sempre nos dá largas nas súas intencións, e incumpre os seus compromisos, de ahí, que xa se prantexen outro tipo de medidas, as cales vamos a estudar nunha vindeira asemblea da Comunidade, e entre as cales destacan as seguintes.
Reclamar no Xulgado do Mercantil a débeda de 350.000 euros contraída pola empresa.
Manter contacto con outros acreedores para actuar conxuntamente.
Prantexar a convocatoria de mobilizacións para protestar pola situación, cun grande acto a pé de mina nunha concentración de veciños.
Reclamar ante a Xunta de Galicia a execución do aval que a empresa tén depositado e que se fagan as labores de mantemento da mina para garantir a seguridade da mesma.
Pedir na mesma institución (Xunta de Galicia), que se lle retire á empresa a concesión de explotación e se abra un novo concurso, no cal se poda adxudicar a concesión a outra empresa solvente que poda explotar a mina.
Para todo isto, nos vindeiros días solicitaremos xuntanzas co Sr. Alcalde do Concello de Cervo, D. Alfonso Villares, co Delegado da Xunta en Lugo, D. José Manuel Balseiro Orol, coa Dirección Xeral de Minas e co propio Conselleiro de Economía, Emprego e Minas.
Entendemos que o desbloqueo desta situación debe vir da propia Xunta de Galicia, abrindo un novo concurso para a retirada da concesión a empresa Area Minera del Atlánticos S.L e unha adxudicación do mesmo a outra empresa do sector, dado que hai empresas moi importantes interesadas en explotar a mina.
Queremos agradecer de antemán a disposición que tiveron ata o momento tanto D. Alfonso Villares, Alcalde do Concello de Cervo, como o Delegado D. José Manuel Balseiro, moi sensibilizados con esta problemática e que se puxeron en todo momento á nosa disposición.
Ditas medidas serán evaluadas na próxima asemblea que convocaremos en poucos días.
Leandro Río González.
Presidente da Comunidade de Montes de Vilaestrofe.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



