Burela 31-5-17. O peche Jorge Bellvert Mérida non seguirá sendo xogador do Pescados Rubén Burela FS tras finalizar o seu contrato coa tempada 2016-17.
O cacereño recalou na disciplina mariñá en 2014-15 e despois da súa primeira experiencia co club laranxa renovou por dúas tempadas máis. Na liga 2016-17, Jorge Bellvert disputou 23 partidos, 14 deles como titular, e anotou 7 goles.
A directiva do Pescados Rubén agradece a profesionalidade do peche cacereño e deséxalle o mellor lonxe do fútbol sala mariñán.