Foz 3-5-17. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Nos últimos anos vimos vendo como a zoa da Praia da Pampillosa, e mais concretamente o vial que pasa pola zoa do aparcamento e baños, vaise deteriorando progresivamente, sen ser reparado dunha forma definitiva. Fai anos, cando se reformara esta zoa supoñemos que fora un adecentamento acorde co entorno, polo que non entendemos a deixadez que sufre esta zoa nos últimos anos. O estado do firme do vial é tan malo que os vehículos en vez de pasar polo sitio que corresponde utilizan o espazo dedicado a aparcamento para pasar por el. Nos últimos tempos observamos como se intentou reparar, entendemos dunha forma provisional, tapando as fochancas con terra ou zahorra, pero dende “Foz, Plataforma de Futuro” entendemos que esa non é a solución que esta zoa merece.
Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Instar ó Ministerio de Medio Ambiente e Costas a reparar o mal estado do víal que pasa pola Praia da Pampillosa dunha maneira definitiva e acorde co entorno no que este se atopa.