Lugo, 13 de maio de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado polo Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Alcalde de Burela, Alfredo Llano García, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o Alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez, e o Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó, participou este sábado na final do XXXVII Campionato de España de Baloncesto Júnior Feminino, que se celebrou no pavillón Vista Alegre de Burela. Campos Conde fixo entrega dos trofeos ás vencedores deste campionato, que conta co patrocinio principal do organismo provincial.
A final foi desputada polo equipo canario Mas Palomas Spar que venceu por 77 a 63 ao equipo catalán Snatt`s Femini San Adriá. O Presidente felicitou a todos os clubes participantes neste encontro e emprazounos a seguir entrenando e loitando para acadar as súas metas.
O Goberno da Deputación apoiou a celebración desta cita nacional cunha achega de 22.000 euros para promover o turismo na Mariña Lucense e incentivar a súa economía, ao mesmo tempo que se aposta polo deporte como un elemento fundamental dentro dun estilo de vida saudable. Así, os Concellos de Viveiro, Burela e Cervo recibiron dende o pasado domingo a visita de 32 equipos femininos chegados de toda a xeografía española, compostos por 500 xogadoras nadas nos anos 1999 e 2000.
A estas cifras hai que engadir decenas de federativos e responsables arbitrais e oficiais de mesa, así como unhas 1.200 persoas que se corresponden con familiares, acompañantes, persoal de axencia de representación deportiva ou afeccionados, o que supón un retorno económico estimado para os tres concellos mariñáns de 1,5 millóns de euros, durante a semana de duración do campionato.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
