Alfoz 31-5-17. Segundo se publicou no BOP do martes 30 de maio de 2017, ábrese o prazo de 7 días hábiles para a presentación de instancias para formar parte dunha bolsa de emprego para o posto de auxiliar de axuda no fogar no Concello de Alfoz. A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento dunha nova bolsa para suplir as necesidades de contratación deste tipo de persoal que non poidan ser satisfeitas co persoal de axuda no fogar que forma parte da bolsa de existente aberta en novembro do ano 2015. Trátase da contratación de persoal eventual por circunstancias da produción coa finalidade de substitución de postos de traballo da categoría convocada pola concorrencia dalgunha causa tal como baixas, vacacións, licenzas e permisos ou calquera outra necesidade circunstancial.
Tal e como indica Carmen Geada, Concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Alfoz, “actualmente a bolsa existente estaba esgotada polo que se tiñan que cubrir as baixas con persoal da empresa contratada para o servizo de depedencia” ademais, ao contar con persoal propio o servizo á máis eficiente “podendo atender con mais axilidade, baixas ou situacións de emerxencia”. A intención do Concello de Alfoz é a de seguir reducindo paulatinamente a lista de agarda existente.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



