Lugo, 22 de maio de 2017.O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias Sierra, supervisaron este luns as melloras en 11 quilómetros de dúas estradas que unen este municipio cos de Meira e Riotorto. Son actuacións que financia o Goberno Provincial con 400.200 euros e que están a piques de rematar, pois, logo da limpeza de cunetas e taxeas realizada, estase a acondicionar o firme con aglomerado en quente para, posteriormente, reforzar a sinalización horizontal e vertical. Campos e Iglesias mantiveron encontros cos veciños para coñecer o seu parecer sobre as obras.
Trátanse da LU-P-4404 de Riocabo por Piñeiro e Aldurfe ás Rodrigas, onde se arranxan case 10 quilómetros, dende o punto quilométrico 0 ao 9,825. Campos Conde e Iglesias Sierra explicaron que as melloras en esta vía benefician directamente a un terzo dos veciños da Pastoriza que a empregan a cotío, pois son os que viven nesta zona, que é ademais a de maior carga gandeira deste Concello chairego.
Hai que ter en conta que esta infraestrutura parte de Paraxes, o primeiro núcleo pastoricense nada máis saír de Meira, a onde a diario acoden os veciños da Pastoriza; e prosegue por Fonmiñá, San Cosme de Piñeiro, Gueimonde, Aguarda, Álvare, Bretoña e ata os límites con Aldurfe, xa en Riotorto.
A outra estrada que se está a mellorar é a LU-P-3006 de Meira á Pastoriza. Arránxase o treito comprendido entre o punto quilométrico 1,920 ao 2,830, que é o único que quedaba pendente por acondicionar para culminar a mellora integral desta vía, que rexistra moito tránsito ao unir o municipio pastoricense co polígono industrial e o centro médico de Meira.
Campos Conde subliñou que súa “satisfacción” polo arranxo destas estradas con dita achega de 400.200 euros que decidiu facer o Goberno da Deputación no marco do seu Plan Integral da rede viaria provincial. “Melloramos comunicacións vitais nesta zona da Terra Chá, que constantemente as empregan os veciños da Pastoriza, Meira e Riotorto para o seu día a día, para traballar nas súas explotacións gandeiras ou para momentos de xuntanza en calquera destes municipios, que son exemplo de convivencia veciñal”.





















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



