Lugo, 30 de maio 2017. O Presidente, Darío Campos Conde, subliñou este mércores que “dende que cheguei á Deputación o que sempre tento facer é construír para mellorar a calidade de vida dos veciños, sacando adiante os proxectos que temos nesta institución, os únicos que hai para a nosa provincia, pois non existe ningún por parte doutras administracións. E mentres o PP só desprestixia, non só a miña persoa, que é evidente, senón á propia Deputación e ás persoas que aquí traballan, que nada teñen que ver co ámbito político. Así o puidemos ver onte no Pleno Provincial onde o PP calumniou a persoal desta institución e impediu a aprobación da concesión do servizo do centro de recría”.
“Creo que o que lle importa aos veciños hoxe é que o centro de recría non está adxudicado porque o PP se opuxo onte, impedindo que estas instalacións empecen a funcionar en xuño, como estaba previsto; que as residencias seguen á espera dos permisos da Xunta do PP para poder abrir, ao igual que o centro de despece de carne da Fonsagrada. Isto é o importante para os nosos veciños”.
Así o manifestou Campos Conde a preguntas dos xornalistas ao respecto da Xunta Xeral de Suplusa deste pasado martes, onde o Goberno Provincial votou a favor do seguinte acordo, que se apunta textualmente: Que a Xunta Xeral da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A. se dirixa ao Consello de Administración e ao Sr. Presidente da dita Sociedade para iniciar o cambio da Presidencia da Xunta Xeral e do Consello de Administración de Suplusa”. Todos os membros do Executivo Provincial teñen acordado xa dende o pasado mes de febreiro promover cambios no Consello de Administración de Suplusa, polo que apoiaron esta iniciativa.
O Presidente explicou que “o acontecido onte non ten maior importancia, máis que a que lle quere dar o Partido Popular para meter cizaña e desprestixiarme a min mesmo e ao traballo que facemos dende a Deputación, cunha actitude que vai máis alá, pois desprestixian aos propios traballadores desta casa. Dende que cheguei á Deputación o que sempre tento facer é construír, sacar adiante os proxectos que temos nesta institución, que son os únicos cos que contan os nosos veciños, pois non hai ningún outro por parte da Xunta ou do Goberno Central, onde goberna o Partido Popular, que, nesta provincia, só se ocupa desprestixiar e destruír, entorpecendo todas e cantas iniciativas poden, como fixeron onte mesmo no Pleno co centro de recría”.
Construíndo cos veciños de toda a provincia
O Presidente fixo estas declaracións antes de presentar o traballo que o Goberno da Deputación levou a cabo con máis de 250 axentes do sector turístico da provincia. Conxuntamente, abordaron as necesidades e potencialidades do turismo en Lugo, que definirán as liñas de actuación do Plan Estratéxico de Turismo, que se presentará en xuño. “Nós construímos”, apuntou Campos Conde, facendo referencia a este traballo, que é o primeiro e único plan de turismo da provincia de Lugo, pois ningunha otra administración, coas competencias directas no sector, como é a Xunta en Galicia, o fixo nunca.




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



