A Mariña, 11 de maio de 2017. “A iniciativa que na tarde de hoxe defenderá o deputado mariñao Daniel Vega na comisión de sanidade do Parlamento é unha nova mostra do desprezo e a falta de compromiso do Partido Popular coa sanidade pública nesta comarca”, afirma Ana Ermida.
A responsable comarcal nacionalista califica de “desvergoña” atreverse nestes momentos a presentar unha iniciativa consistente en cambiar o nome do Hospital da Costa.
“Énos indiferente como se chame. O BNG o que quere é un hospital público na nosa comarca que funcione, con persoal suficiente para atender a pacientes que levan meses en listas de espera, con medios e material adecuado para que as e os profesionais poidan desenvolver o seu traballo e a atención sexa adecuada. Esa é a prioridade do BNG”, aseguran.
“Pola contra, parece que ao PP só lle interesa o Hospital para facer propaganda. Primeiro anunciando investimentos que nunca chegan. Despois anunciando prazas que non se crean e, por último, defendendo iniciativas totalmente baleiras de contido e sen ningún tipo de repercusión real nas persoas usuarias e profesionais do centro.”
Desde o Bloque Nacionalista Galego acusan ao PP e, nomeadamente ao deputado mariñao Daniel Vega, de falta de escrúpulos e de decencia. “Levan desaparecidos, sen falar do Hospital, desde que anunciaron aquel engano de que ían crear unha consulta de enfermería oncolóxica que recentemente desmentiu o SERGAS. E a seguinte iniciativa que presentan é para cambiar o nome do Hospital. É unha absoluta desfachatez e falta de respecto pola súa parte”, afirman.
A responsable comarcal pídelle a Daniel Vega que “explique como vai afectar esta iniciativa ao centro. Que é o que vai mellorar con isto? Van reducir as listas de espera? Vai haber máis persoal? Vai estar a xente mellor atendida?”, pregunta. “Porque, do contrario, estaríamos asistindo a un acto supremo de cinismo pretendendo facer propaganda de algo absolutamente irrelevante.”
Para a formación nacionalista, esta iniciativa non é máis que unha cortina de fume para tratar de tapar que non teñen ningún interese polo noso hospital. Non fan iniciativas para melloralo, para contratar máis persoal ou ampliar consultas. Fan iniciativas para aparentar que fan algo e quedar en simple propaganda.
O Bloque Nacionalista Galego pídelle ao PP que “se isto é todo o que teñen que aportar á sanidade da comarca, poden quedar nas súas casas e aforrarnos os salarios.”
“Coa situación que vive a sanidade e, en concreto o noso Hospital, que a prioridade do PP sexa cambiar o nome do hospital é rirse directamente na cara de todas as veciñas e veciños”, di Ana Ermida.
“Se estas iniciativas son a prioridade dun deputado que di representar a esta comarca e que pertence ao partido que goberna, non merece estar cobrando un salario que pagamos todas e todos”, aseguran.
“Cando o BNG fale no Parlamento do Hospital da Costa será para trasladar as demandas da xente. Para tratar de solucionar os seus problemas e para promover iniciativas e mellorar os servizos. O resto é facernos perder o tempo e faltarlle ao respecto á xente”, sentencian.
O BNG, ademais, di non entender a razón pola que debería figurar o adxectivo “público” na denominación do hospital. “Primeiro, porque non hai outro do que diferenciarse na comarca e, segundo, porque de habelo, o que tería que diferenciarse sería o privado, porque a rede sanitaria debe ser pública por definición”, explican. “Agardamos que isto non sexa unha declaración de intencións do Partido Popular sobre a sanidade na nosa comarca”, manifesta Ana Ermida.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



