Organizamos en colaboración có club de lectura da Pomba do Arco un coloquio có escritor vivariense Manuel Lopez, xerente de Gráficas Lar, editor e autor do relato TRES BALAS, editado por Edicións Embora. Tres Balas é o relato do último día da vida dun fuxido da Guerra Civil. Através dos acontecementos e pensamentos do seu personaxe, Manuel da conta cunha prosa fermosa e concisa do que foi a realidade dos fuxidos e de todos aqueles que, dende as vilas e aldeas, mantiveron contacto con eles. Unha historia próxima aínda no tempo que cómpre manter viva. Ademáis do coloquio que se celebrará o xoves 18 ás oito e media da tarde, durante todo o día O LIBRO GALEGO terá un 10% de desconto.
Celebracion das letras galegas en Libraría Bahia