Viveiro a 23 de maio de 2017.Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.
1) Fai un ano, no pleno do 1 de Xuño de 2016 , este grupo municipal facía unha serie de preguntas dirixidas á Sra. Alcaldesa sobre a situación de diversos inmobles do Concello que se atopaban en mal estado, co conseguinte risco que podían supoñer para os viandantes.
Un destes inmobles era o que está situado na rúa Suasbarras nº 41 da parroquia de Covas, vivenda sobre a que se nos contestaba que era unha propiedade da Empresa Piunca S.L., a que se lle incoara unha multa de 300 euros polo incumplimento da orde de execución decretada. Ante a imposibilidade de comunicación coa Empresa e seguindo o procedemento administrativo , se publicaba no B.O.E o 9 de Maio de 2016 .
A situación deste inmoble empeorou desde fai un ano cando se incoou o citado expediente, faltando as ventás e a porta principal. Non so presenta un aspecto lamentable, senón que calquera persoa pode acceder sin control o seu interior e mesmo podería ocasionar en calquera momento rsicos para os peóns, máxime cando esta é unha zona na que apenas existe beirarrúa.
O mesmo sucede co expediente de orden de execución do edificio de Suasbarras nº 45-47-49 da misma parroquia de Covas, propiedade de Herederos do antiguo Hotel Cociña , con multa de 300 euros con notificación de orden de execución decretando a retirada de obxectos con risco de caída, asi como o adecentamento da fachada, pintura e colocación de canalóns. Dado que tales actuacións non se teñen producido, consideramos que este inmoble do antiguo Hotel Cociña presenta uns riscos cada vez maiores. Por estes motivos e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra Alcaldesa:
a) En que situación se encontran actualmente os tramites ou xestións destes inmobles da rúa Suasbarras?
b) Ante a falta de ventás e da porta principal do inmoble nº 41 e ó que pode ter acceso calquera persoa , asi como o gran deterioro en que está a vivenda,
que medidas se van a tomar para darlle solución?
2) No Pleno do 7 de Outubro de 2015 na moción que presentou o noso grupo – aprobada cos nosos votos, os do BNG e Son Viveiro e a abstención do equipo de goberno socialista – sobre a posta en servicio do pozo de bombeo do saneamiento do barrio do Pontigo e outros barrios da parroquia de Galdo, no debate desta mocion se confirmou por parte do Concejal – Delegado de Obras que dos 24 pozos de bombeo a empresa Viaqua – empresa concesionaria de alcantarillado e auga no Concello – so pagaba a enerxía eléctrica de 5 deles , reiterando que non entendía porque o resto os pagaba o Concello cando os tería que pagar Viaqua. Concluía a súa intervención decindo que estaban á espera de que o xefe de zona da empresa viñese a falar sobre temas importantes para o Concello e que tiñan que ver coa xestión de Viaqua.
Por esta razón lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:
a)Quedou aclarado quen ten que pagar a enerxía eléctrica dos pozos de bombeo existentes, Viaqua ou o Concello?
b)Si é o Concello cales son os motivos?
c) A día de hoxe están todos os pozos de bombeo funcionando normalmente?
d) Si non están todos en activo, cales son e a que se debe que non funcionen?