Viveiro 26-5-17. Debido a unha demanda cultural e con aportacións ó turismo. Damos a coñecer a necesidade de crear un museo en Viveiro. Durante anos foron numerosos os programas que tomaron nota sobre o tema, pero xamáis houbo xestións.
Outras vilas de menor proxección cultural e histórica posúen este servizo que atrae a visitantes en
época estuival e grupos e colectivos educativos durante o escolar.
Desde modo facemos varias proposición ó Concello de Viveiro que están no ente social, e que recollemos das necesidades e ideas de distintos movementos. Na actualidade só existe un espazo na rede museísitca galega de promoción privada en Xunqueira.
1- MUSEO SEMANA SANTA
Albergar un Circuito aberto nos claustros de San Francisco potenciando a nosa Semana Santa de Interés turístico Internacional. Cunha guía virtual ou en papel do patrimonio eclesiástico de Viveiro, Igrexas, Capelas, Conventos e Mosteiros, covas de cultos e grutas… e explicacións da imaxinería e da arte e contexto que o rodea. Coma Zamora, Málaga, Ferrol…
2-MUSEO DA HISTORIA DE A MARIÑA
A creación dun espacio no que se albergue parte o patrimonio histórico da Mariña no Pazo da Misericordia, coa colaboración de institucióins coma a Deputación a Xunta ou algnha fundación. Contemplar alí de facer deste xeito un lugar para a divulgación, charlas e vistitas guiadas, cun
patronato dos colectivos culturais e os axentes intelectuais. Sería facer salas de prehistoria, historia antiga, moderna, contemporánea, artísitca e industrial e unha multidisciplinar. Modelo Quiñones de León de Vigo. Sería un referente no norte de Galicia e a inversión é simplemente pintar, ventilar, recopilar obras e obxetos antigos cedidos , rotular con paneis e visitas programadas, iniciando cun proxecto sinxelo.
3-CASA-MUSEO
Cos Persoeiros nados na vila daría para facer unha pequena habitación ou exposición permanente nun edificio público de algúns dos grandes de Viveiro coma: Maruja Mallo, Vilar Ponte, Pastor Díaz, Lois Tobío, Gómez Pérez das Mariñas, Pardo de Cela… e unha longa lista a elexir democráticamente. Non olvidemos que a promoción da obra, axuda a unha sociedade, a coñecer o seu potencial e exemplos guía ós que seguir, para poñer de novo o nome de Viveiro no mapa, manter viva a estela destes persoeiros.
Podería ata integrarse no proposta anterior. Coñecemos outras vilas de Galicia que sí apostan por esto coma Padrón con Rosalía ou Cela, Picasso na Coruña, Cambados con Valle-inclán, Otero Pedrayo en Trasalba, Pontecesures con Pondal…
4-AULA DO MAR
Na antiga casa do gurdamuelles de Viveiro, poderíase facer un lugar para dar a coñecer o mundo do mar, as artes de pesca, a biodiversidade dos espazos mariños, con fondos do GAC…
Ademáis de deixar unha aula para multiexposicións ou pequena cafetería licitada para como servicio complementario e que podería sufragar en parte os gastos. Facendo que Viveiro entre como Concello Azul, co complemento da praias, o muelle náutico, Celeiro,ou esta Aula.
5- AS PORTAS POTAS MEDIVAIS
Coma estaba programada, solicitamos abrir a porta do Valado ou a de Carlos V, nas rutas turísticas,
con maquetas e paneis para a interpretación do Viveiro Medieval e Defensivo, complemento co adarve que representa o calexón do Muro ou a Porta da Vila.
6-CENTRO DE INTERPRETACIÓN FORESTAL
Conseguir facer unha caseta de Madeira cercana ós eucalipto de Chavín, e con apoio e productores,
xentes do sector e organismos, realizar un proxecto único na costa norte de Galicia, para que alí se
poida facer un sitio de reunión e divulgación dos procesos de industrialización, tranformación e
aproveitamento sostible destes producto.
7- XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS
Escavar calquera da decena de Castro existentes, ruinas de torres medievais e baterías da Armada,
villa romana de Area… Tan sequera a catalogación, marcaxe e protección das mesmas para a
concienciación de que se deben coidar, estudar e conservar.
8- XARDÍN DE INVERNO E XARDÍN BOTÁNICO
Un espacio semipechado e cuberto onde resgardarse da choiva durante o inverno , nos xardíns de Noriega Varela, muelle vello un xardín botánico onde a antiga explanaa da Opel. Non é un museo pero poderia ser un sitio donde estudar novas árbores co seu nome e a flora
9- COMPLEXOS INDUSTRAIS E MINERÍA,
Fábrica Chavín ou Silvarosa. Existen numerosas ideas e iniciativa planteadas por distintos colectivos, pero as máis fructíferas e demandadas son as nomeadas.