Un grupo de 24 alumnos do IES Perdouro de Burela, acompañados polo profesor de Inglés, Toni Galdo, e a profesora de Lingua Castelá, Cristina Rivero, emprenderon unha viaxe rumbo a Londres que durou 5 días. Fixeron distintas visitas culturais, como o Museo Británico e o Natural History Museum ou o Science Museum. Tamén percorreron as súas rúas coñecendo landmarks como Buckingham Palace, Piccadilly Circus ou Trafalgar Square.
