Compostela 31-5-17. En Galicia temos un patrimonio natural e cultural do que estarmos orgullosos e poder presumir na rede. Dende a Asociación Xeopesca queremos concienciar e fomentar a difusión de fotografías con licenzas libres para dar a coñecer a nosa terra sen ningún tipo de cancelo.
Nesta primeira edición do Concurso de Fotografía Libre buscamos fotografías coa temática da Cultura Mariñeira Galega, na que se incluen elementos de pesca, artiluxios navais, arquitectura, festas, gastronomía, espazos singulares e demáis asuntos relacionados coa cultura mariñeira.
O gañador do premio será recompensado con 200€ e o xurado podrá adxudicar un premio accesit de 100€. O xurado estará conformado por dous profesionais da fotografía e polo presidente e secretario da Asociación Xeopesca.
BASES
Prazo: do 1 de Xuño ao 1 de Setembro.
Envió das fotografías: fotografia@xeopesca.gal
Formato: As imáxenes podense entregar en formato JPG ou PNG
Resolución das imaxenes: As imaxenes deben ter unha resolución mínima de 2560 x 1920 píxeles.
Licenzas das imáxines: Commons Creative Reconocimiento – Compartir Igual ou GNU Free Documentation License
Número de imaxenes: Cada autor pode enviar un máximo de duas fotografías.
Mais información: https://www.xeopesca.gal/fotografia2017
Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.