Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2017.- Os propietarios de vivendas incluídas no Programa de Vivendas Baleiras creado pola Xunta de Galicia poderán beneficiarse de axudas de ata 5.500 euros parta a realización de obras de conservación, mantemento e rehabilitación das mesmas.
O importe máximo das axudas será de 5.500 euros no caso de vivendas unifamiliares e de 4.000 euros cando se trate de vivendas emprazadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva, tal como establece a Orde publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 29 de maio e que regula as bases polas que se rexen estas axudas e a convocatoria para 2017.
Na área de Lugo están adheridos ao Programa de Vivendas Baleiras os concellos de Guitiriz e Outeiro de Rei, inda que non en todos os casos teñen as bases do mesmo aprobadas, sendo un dos requisitos establecidos para que os propietarios das vivendas poidan acceder ás axudas.
Poderán beneficiarse destas axudas as persoas, físicas ou xurídicas, que sexan propietarias
ou usufrutuarias das vivendas e promoveran as actuacións subvencionables. As vivendas deberán estar incluídas no Programa de Vivendas Baleiras e as obras deberán realizarse despois da data de solicitude de inscrición no mesmo e antes de solicitar a subvención, sendo necesario un informe municipal que acredite a necesidade das actuacións para as cales se solicita a subvención.
Serán subvencionables as seguintes actuacións:
•Obras de conservación e mantemento.
•Obras de rehabilitación precisas para garantir a habitabilidade da vivenda, así como o correcto funcionamento das súas instalacións ou a súa adaptación á normativa vixente.
•Axustes na distribución interior da vivenda que non impliquen unha alteración substancial da súa configuración.
En 2017, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda destinará 300.000 euros a estas axudas, dos que 200.000 estarán destinados a vivendas propiedade de particulares, 50.000 euros a vivendas propiedade de concellos e os outros 50.000 euros a vivendas propiedade de empresas. O importe da convocatoria poderá ampliarse no caso de ser necesario.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



