Xoves 15 de xuño de 2017. O VI Memorial Heroes do Orzán dará o pistoletazo de saída na Coruña esta tarde cunha sentida homenaxe aos policías Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez na Coiraza, acto que contará coa presenza do deputado de Deportes, José García Liñares, o presidente da FGFS, Juan Probaos, e familiares dos policías, así como representantes dos clubs participantes e da Fundación Imdecum, ademais de Special Olympics Galicia, Cruz Vermella e Xefatura de Policía Nacional en Galicia, como colaboradoras no evento.
Tras o acto previsto para as 20.30 horas con ofrenda floral fronte ao mar de Riazor e da reunión técnica destinada aos clubs, todos os presentes poderán gozar dun cóctel de benvida no Hotel Zenit A Coruña.
Para a estrea dos equipos sobre a pista haberá que esperar á tarde de mañá, con competición en prebenxamín, benxamín e alevín, desde as 18.00 horas, nos pavillons de Ventorrillo e Barrio das Flores. 10 dos 27 equipos da sede coruñesa estrearanse no día inaugural: Pescados Rubén Burela FS, Hércules Coruña FS, Colegio Liceo, Ventorrillo, Club do Mar, Xerión Novo Mesoiro, Troula Betanzos FS, 5Coruña FS, Ex-Alcohólicos Morás e Distrito VFS.
O sábado o balón continuará rodando para as tres categorías entre as 10.00 e as 20.00 horas, entre Ventorrillo e Novo Mesoiro, coa novidade de Leis Pontevedra e Castrelo FS.
O domingo incorporaranse as categorías Infantil e Cadete Feminino en San Francisco Javier e Ventorrillo, con presenza da Fervenza FSF, Melide FSF, Viaxes Amarelle FSF, Santiago FSF A Gaiola e Castro FSF. Con Aspronaga, Fundación Eu Son e Fundación Adcor decidirase a categoría de Special Olympics o domingo pola mañá, en Novo Mesoiro, escenario que acollerá as finais entre as 14.00 e as 20.00 horas.
Sede da Mariña
O Memorial presentará os actos da súa sede tradicional, na Mariña, o vindeiro martes, 20 de xuño, na Comisaría de Policía de Viveiro, onde estivo destinado o burelao homenaxeado, Rodrigo Maseda Lozano, localidade que gozará do fútbol sala de base entre o 28 de xuño e o 2 de xullo, xunto a Foz, Burela, Cervo e Xove. Na súa sexta edición, 25 clubs e máis de 70 equipos participarán nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
