Bule Bule Teatro chega a Lourenzá despois de estrear en Alfoz co gallo das Letras Galegas cunha obra propia e escrita para a ocasión. “Xente con Xente” é unha comedia de 90 minutos para facernos pensar. Un enredo sobre estereotipos, personalidades e tendencias e cunha velada crítica á que pode tipificarse como enfermidade común: A Rutina. Estrearase por primeira vez en Lourenzá este domingo día 18 de Xuño ás 19.30 horas no Salón de Actos do Concello de Lourenzá.
























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



