Mondoñedo, 7 de xuño de 2017.- O Goberno local de Mondoñedo promoveu durante estes dous anos de mandato un “forte” compromiso na área social e, especialmente, realizou unha “destacable” aposta pola mellora na prestación do Servizo de Axuda no Fogar, onde practicamente duplicou o investimento que se dirixe ao desenvolvemento deste programa de atención aos maiores respecto ao 2010, blindando un servizo que o executivo municipal considera “prioritario”.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, destaca o esforzo que se está a ofrecer no Servizo de Axuda do Fogar, onde o Goberno local suprimiu a lista de agarda e a través do que se atende ao 100% dos usuarios que demandan esta colaboración que ofrece o Concello. En concreto, as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar desprázanse diariamente para dar resposta ás necesidades dun centenar de usuarios. O número de persoas ás que se lle presta este servizo incrementouse en preto de 30, dende o ano 2015.
19 traballadoras e 100 usuarios
De igual maneira, Elena Candia resaltou que a xente maior “segue a ser unha das nosas principais prioridades e, que os nosos maiores estean o maior tempo posible nas súas casas e cunha boa calidade de vida e o obxecto que perseguen as auxiliares de Axuda no Fogar do Concello mindonienses, que os coidan”. O departamento de servizos sociais conta na actualidade cun total de 19 traballadoras que atenden ao centenar de usuarios que ten o SAF.
En canto ao gasto realizado no Servizo de Axudar no Fogar, a rexedora da cidade tamén deu datos que demostran que o Executivo local está a blindar este servizo. No ano 2010, o SAF supuxo un gasto superior aos 131.000 euros (entre prestación básica e dependencia); mentres que no 2016, o investimento que fixo o Goberno de Candia e que permite darlle unha resposta íntegra a totalidade dos demandantes do SAF, achégase aos dos 260.000 euros, é dicir, máis de 96.000 en prestación básica e supéranse os 162.000 euros en dependencia.
Bolsa de emprego
Neste eido, a alcaldesa de Mondoñedo lembra tamén que hoxe, 7 de xuño, remata o prazo para que as persoas interesadas presenten a solicitude para participar no proceso convocado polo Concello para optar a unha bolsa de emprego para a prestación do SAF. Requírese entre as titulacións para acceder ao posto as de técnico en coidados auxiliares de enfermería (FP), técnico de atención sociosanitaria (FP) ou certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ou atención sociosanitaria a persoas no domicilio, ou equivalente homologado. Ademais, a bases requiren dispor de permiso de conducir tipo B e máis de vehículo. O anuncio apareceu publicado no BOP do pasado 31 de maio. As bases do proceso están a disposición dos interesados nas oficinas do Concello en horario de 8 da mañá a tres da tarde.
Fortalecer servizos sociais, principal compromiso do Goberno de Candia
Deste xeito, o Goberno local estalle a dar resposta a un dos seus principais compromisos de fortalecer o departamento de Servizos Sociais, unha área na que o executivo municipal está a realizar importantes actuacións como, por exemplo, a incorporación dunha educadora familiar; a aposta pola formación en materia de benestar; ademais de contribuír para que o concello conte con outros servizos como é a apertura do centro de día, ademais de estar en proxecto a ampliación da gardería municipal con 15 novas prazas, e a posta en marcha dunha ludoteca.

















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



