Burela, 10 de xuño de 2017. Onte tivo lugar a entrega de premios aos gañadores do II Concurso Fotográfico “Coidemos a Terra” no salón de plenos do Concello. A Delegación de Medio Ambiente, que dirixe Noelia Mª Ben, é a segunda vez que convoca este concurso para conmemorar o día da terra, “co fin de que nos fixemos na beleza da natureza que nos rodea, e á vez adoptemos actitudes de respecto cara ela”.
Na entrega de premios estiveron presentes o alcalde, Alfredo Llano, a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, e Marco Abad, un dos membros do xurado.
Os premiados foron os seguintes:
-Categoría Infantil: David Rey Cao; Obra: “Texturas da natureza”; Premio: 100 euros máis a súa foto en lenzo (doazón de Foto Sergio)
-Categoría Xuvenil: Delio Otero Romo;Obra: “Que vida máis arrastrada”; Premio: 150 euros máis a foto en lenzo (agasallo de Foto Sergio)
-Categoría Adulto: Xesús Díaz Piñeiro; Obra: “O nordés e as follas”; Premio: 200 euros máis a súa foto en lenzo (agasallo de Foto Sergio)























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



