Foz a 13 de Xuño de 2017 . O pasado 25 de Maio celebrouse o pleno do mes de Maio, e como ven sendo habitual antes de rematar o pleno, “FOZ PLATAFORMA DE FUTURO”, formulou tres rogos e tres preguntas o sr. Alcalde e o seu equipo de goberno.
Os rogos foron os seguintes:
1.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de goberno procedan a reparar dúas estradas que se encontran nunhas condicións penosas. A primeira é na parroquia de Sta Cecilia, a estrada que baixa dende Trasmonte hacia Teixeira, e a segunda, a estrada de Mourente que vai por debaixo da granxa.
2.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de goberno procedan a pintar un paso de peóns mismo enfrente do Centro de saude.
3.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de Goberno procedan a limpiar a praia dos Fondas ahora que empeza a temporada estival, e non deixala para ó final como ocorre habitualmente.
Preguntas mes de xuño.
1.Si se ten pensado dende o equipo de Goberno acabar de limpiar a zoa do Curbeiro, ahora que se cortaron os eucaliptos que había por encima da nave, faltaria limpar o valado e a zoa da fonte.
Resposta:Vai a prodecerse a limpiar nos vindeiros días.
2.¿Poderíase solicitar por parte do Concello, que se descubra unha sinal de obligación xirar á dereita que hai no cruce das Rúas Otero Besteiro-Illa Nova ?,que nestes momentos se encontra tapada polo montaxe dunhos andamios na fachada dun edificio que fai esquina coas duas Rúas.
Resposta:Non tiñan coñecemento dese feito e eso esta prohibido facelo e xa van a proceder a notificalo para correxir esa deficiencia.
3.No paseo que se está facendo ó longo da estrada en Forxán, queríamos saber si vai a colocarse algún elemento para separar a estrada de dito paseo.
Resposta: En principio non había contemplado poñer nada, pero vai mirarse a forma de delimitar esa zoa.
FOZ PLATAFORMA DE FUTURO seguirá sendo a voz dos veciños no noso concello, trasladando todas aquelas inquedanzas ou suxestións que poidan xurdir.