Este paso é o previo á licitación dun proxecto cuxo orzamento ascende a máis de 1,1 millóns de euros e dragará máis de 75.000 metros cúbicos de sedimentos
Ortigueira, 13 de xuño de 2025. O Concello de Ortigueira anuncia que o proxecto de dragaxe do porto de Espasante, promovido por Portos de Galicia, entrou en fase de información pública, paso previo á súa próxima licitación por un importe de 1.164.340,35 euros. Trátase dunha das actuacións máis relevantes da historia recente de Ortigueira, tanto pola súa envergadura económica como polo seu impacto directo na operatividade do porto e na protección do litoral.
O proxecto ten como obxectivo resolver os problemas de sedimentación que dificultan actualmente o uso normal do porto. Esta situación, provocada pola dinámica natural de acumulación de sedimentos, impide que moitas embarcacións poidan manobrar ou atracar en condicións adecuadas. A intervención contempla un plan plurianual de dragaxe, cunha primeira fase de recuperación do calado e futuras actuacións de mantemento adaptadas ás necesidades.
En total, se dragarán 42.150 metros cúbicos de material na primeira intervención e 33.437,50 metros cúbicos no cuarto e último ano. A zona abarca tanto o acceso ao porto como a dársena interior, sobre unha superficie que supera os 24.000 metros cadrados.
O material extraído, catalogado por Portos de Galicia como apto para a súa reutilización, terá como destino prioritario a praia da Concha, na propia localidade de Espasante, onde este sedimento contribuirá a frear o retroceso da liña de costa e a estabilizar o sistema dunar. O transporte realizarase mediante unha draga de succión e unha condución flotante. Tamén se contempla unha alternativa técnica para a vertedura nunha zona autorizada en alta mar, situada a unhas sete millas do porto.
Ao ser exposta ao público, tanto as administracións afectadas como a cidadanía poderá presentar alegacións ou observacións sobre os seus posibles efectos ambientais na contorna.
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, destacou que esta es una obra largamente esperada por el sector marítimo del municipio. El dragado de Espasante es fundamental para recuperar la operatividad del puerto y garantizar que nuestras embarcaciones puedan trabajar con normalidad y seguridad durante todo el año”.
Calvín subliñou a magnitude dun investimento que “destina más de 1,1 millones de euros a Ortigueira”, lo que “demuestra la implicación de Portos de Galicia y, por extensión, el gobierno autonómico. Estamos ante una de las intervenciones más importantes de la última década en nuestro municipio, tanto por su impacto económico como por su valor estratégico para el desarrollo portuario y la protección de uno de nuestros grandes valores: el incomparable entorno costero”.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



