O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado por membros do Goberno Provincial, entregarón os premios da XXXIV Copa Deputación de Fútbol Memorial Pedro Tapia que se disputaron esta tarde no Anxo Carro. Na categoria feminina as finalistas foron o Peluquería Mixta Friol e a SD Antas, e venceu o equipo de Friol cun contundente 9-0. Esta nova convocatoria converteuse nun éxito de público, xa que asistiron máis de 1.000 afeccionados a presenciar estes encontros. Nesta mesma tarde tamén se disputou a final de fútbol afeccionado de 2ª e 3ª Autonómica, na que se mediron a SP Pontenova e o Friol CF. O campión desta cateforia foi a SP Pontenova cun 3-2.























Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



