Barreiros, 29 de xuño de 2017. Este sábado, 1 de xullo, arrinca a novena tempada do Eido Dourado que inclúe obradoiros creativos para os máis pequenos/as así como diversos concertos e recitais de poesía. O Eido Dourado, este espazo dedicado ao arte ao pé da praia da Pasada, reabre cunha renovada exposición de pintura do seu creador, Celso Dourado. O Eido Dourado abrirá pola mañá e pola tarde, de martes a domingo ata o 31 de agosto.
Celso Dourado anunciou que “este sábado, a partir das once e media, abriremos as portas nesta nova edición do Eido Dourado cunha exposición renovada na súa maior parte, e que permanecerá aberta durante os meses de xullo e agosto coa correspondente actividade cultural”.
O artista barreirense contou que “este ano vai haber a promoción de doce actividades, seis nas terrazas do Gaivota pola súa capacidade, e seis no Eido Dourado no ciclo de concertos Sons ao solpor. Ademais durante estes dous meses programaranse uns talleres creativos para nen@s que impartirá, como fixo o ano pasado, Lucía Vila. Van dirixidos aos máis pequeniños. Trátase de que gocen un pouco do espazo do Eido Dourado e ao mesmo tempo que desenrolen a súa imaxinación. Prográmase unha quenda no mes de xullo e outra no mes de agosto. Aínda non están perfilados, pero probablemente serán despois de comer en torno ás cinco ou as seis da tarde”.
O creador do Eido Dourado comentou que “as inscricións nestes talleres poden facerse ben mediante o facebook ou correo poñéndose en contacto con nós para asistir a estes obradoiros durante estes dous meses. Atenderase o número deles, repartiranse segundo o número de nenos asistentes. Como fixemos a pasada tempada, van ser gratuítos. Trátase de que os nenos desenrolen un pouquiño a súa creatividade xa que están de vacacións e no seu tempo de lecer. Lucía Vila que os vai impartir, é unha pintora, licenciada en Historia do Arte, é unha persoa cunha capacidade grande para a ensinanza e o ano pasado foron todo un éxito, a min realmente me sorprendeu”.
Celso Dourado engadiu que “este ano o ciclo Sons ao solpor vai ter música, que é sempre o predominante, e ao mesmo tempo tamén algo de poesía. Imos presentar nos xardíns do Eido Dourado, dentro do ciclo Sons no solpor, seis proxectos novos. Algúns deles son inéditos, vanse presentar por primeira vez. Van ser seis grupos e vai combinar desde o blues máis galego ata o folk e a música de autor. Este ciclo de concertos ten unha gran acollida. Normalmente se a noite nos acompaña soen encherse os xardíns e non queda sitio para máis. Xa levamos un tempo traballando nesta idea, gozamos con ela e a seguiremos traballando, e este ano un pouquiño máis”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



