Lugo, 29 de xuño de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o fundador do Resurrection Fest, Iván Méndez, visitaron este xoves as instalacións nas que se vai desenvolver o festival de música metal e rock máis importante de España desde o 5 ao 8 de xullo. Campos Conde adiantou que “un ano máis, pois dende a primeira edición o Goberno Provincial, xunto ao do Concello de Viveiro con Melchor e María, apostamos por este festival, convertemos á Deputación de Lugo na institución que máis colabora con esta cita. Facémolo cunha achega económica de 130.000 euros, que é un importante investimento, pois o Resu é capaz de xerar un volume de negocio na nosa provincia e, en especial, na Mariña, de máis de 11 millóns de euros”.
“Uns só están para a foto mentres outros traballamos pola provincia con feitos”, engadiu o titular provincial. Fixo referencia, deste xeito, a José Manuel Balseiro, delegado territorial da Xunta en Lugo, administración que, ata o momento, non confirmou colaboración económica directa algunha para esta cita, pois os organizadores do Resurrection Fest o que conseguiron, tras participar nun proceso de concesión de axudas de concorrencia competitiva, foi unha subvención de 40.000 euros de Agadic, axencia pública autonómica adscrita á Consellería de Cultura. Todo isto, cando a Xunta de Galicia ten un orzamento máis de 100 veces superior ao da Deputación de Lugo.
Neste senso, María Loureiro engadiu que “durante anos, Mechor tivo que escoitar críticas polo seu apoio a este festival, sen o que non sería posible, por parte da oposición e dos que agora se apuran a sacar fotos dende que conseguiu ser un referente a nivel mundial. A figura de Melchor Roel é fundamental na organización do Resurrection Fest, porque, hai 12 anos, apoiou a uns rapaces que lle fixeron a proposta e, a pesar dos atrancos, conseguiu sacar adiante, xunto coa organización, este festival que hoxe xa é unha referencia en todo o mundo. O Resu medra ano tras ano para converterse nun dos mellores escaparates que ten a cidade do Landro e a Mariña Lucense”, engadiu a Alcaldesa.
11,2 millóns, 1.000 empregos e 90.000 espectadores de 30 países
O Resu supón un impacto económico de 11,2 millóns de euros, ao tempo que xera arredor de 1.000 empregos de xeito directo e indirecto. Neste intres, xa colga o cartel de ocupación hoteleira ao 100% na zona. Iván Méndez destacou que están a punto de esgotar as entradas, pois quedan menos de 1.000, e avanzou que se espera a chegada de 90.000 espectadores nestes catro días, procedentes duns 30 países.
O Concello pon á disposición dos usuarios o cámping gratuíto en Covas (con servizos de baños, duchas e buses) e o Mirador de San Roque (que tamén conta cunha gran zona de aparcamento). A organización ten máis propostas: Beachcamp: unha zona de acampada á beira da praia de Area; o Resucamp: Cámping a escasos metros da entrada ao festival, a praia de Celeiro, e a Área Cámping: con todas as necesidades cubertas.
100 bandas nos 4 escenarios temáticos
A XII Edición do Resurrection Fest arranca o día 5 de xullo e remata o día 8 de xullo. O cartel contará o venres co único concerto na península de Rammstein, que, segundo a propia organización, “neste momento é o espectáculo de rock, son, luz e pirotecnia máis grande do mundo”. Haberá 4 escenarios temáticos e 100 bandas no festival de música extrema, que xa é unha referencia mundial. Tamén soarán outras bandas de referencia como Rancid, Mastodon, Anthrax, Dropkick, Murphys, Sabaton ou Airbourne. O Resu gañou o Premio Fest 2016 na categoría ao mellor formato grande a nivel nacional. Este galardón é o único que existe en España adicado aos festivais de música.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



