Burela, a 9 de xuño de 2017.- O Grupo Municipal Popular reiterou hoxe que “o alcalde carece de seriedade, non lle gusta o traballo, e a marxe de credibilidade que tén xa é mínima”.
Os edís populares afirman que “despois de comprobar que non hai ningún plan de tráfico e tampouco trazas de que o haxa, agora tamén descubrimos que tampouco hai absolutamente nada sobre o tan cacareado regulamento do mercado, que o alcalde dixo que se estaba redactando de cara a cambiar a súa ubicación”.
“No concello non hai ningunha documentación oficial sobre ese regulamento anunciado polo alcalde, aseguran os populares, como se desprende da resposta á solicitude de documentación que formulamos o pasado día 2 deste mes; por non haber, non hai nin tan siquera un borrador”.
Desde o GMP afirman que “é o propio alcalde quen asina o decreto correspondente de resposta dirixido ó noso grupo político, e polo tanto é o propio alcalde quen está recoñecendo que todo o que dixo era mentira”.
Os populares lembran que “se repasamos as hemerotecas, xa a fináis de setembro de 2016 o alcalde fala do tal regulamento; nove meses despóis, nada de nada; ese é o resultado de quen di que fai pero non fai”.
Os membros do GMP consideran que “cambiar o mercado para as dúas prazas, cortar parte de Pardo Bazán, co Centro de Saúde xusto ó lado, pode ser un auténtico caos e por suposto non resolvería ningún problema, máis ben ó contrario. Esa idea é absolutamente delirante, polo tanto non sabemos cáles son os intereses reais que según o alcalde poderían xenerar beneficios”.
Desde o GMP destacan “o inoperante papel do primeiro tenente de alcalde, que é o encargado da área de comercio. Fernández Rey é tan pouco serio como o alcalde, porque se o fose xa tería correxido esta situación. Se en vez de andar decindo por todos os sitios por onde vai que el é ‘o alcalde de facto’ se adicara a traballar de verdade con novos e rigurosos proxectos futuros para Burela, millor nos iría a todos”.
Os populares esperan que “como eles mesmos liaron este asunto, tanto o alcalde coma o tenente de alcalde se expliquen, que digan cándo van ter preparado o regulamento, qué se vai facer co mercado, qué alternativas se ofertarán á xente afectada en caso de cambio de ubicación; eso é o que quere saber a cidadanía. E que non boten balóns fóra nin culpen a terceiros, porque os que gobernan son eles”.




















O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.



