Santiago de Compostela, 9 de xuño 2017.- A deputada do BNG, Montse Prado preguntou hoxe ao Goberno polas continúas reducións da cota de pescada e os plans para a súa recuperación. Prado denunciou que nunha década, este recurso non recuperou a súa actividade. O ano pasado,explicou, a rebaixa foi do 15% e neste ano a caída será do 22%. Estes datos, dixo contrastan coa valoración da conselleira do Mar, Rosa Quintana, sobre “o inmenso esforzo negociador” do Ministerio tendo en conta que a proposta inicial era unha diminución do 60,2%. Neste sentido, denunciou a posición da consellería e “os continuos recortes á flota galega”.
Por outra parte tamén salientou a situación discriminatoria a respecto de Portugal. Os barcos lusos, explicou, poden pescar con máis cota, durante as fines de semana, e descargar nas lonxas galegas, mentres os mariñeiros galegos “non poden ir ao mar”.
A deputada indicou que en tres anos a flota galega padeceu unha rebaixa de 3.678 Toneladas sobre uns TACs xa excesivamente “reducidos e insuficientes” e tamén se referiu a flota da volanda cun reparto individual “ moi baixo” e sen alternativas para poder traballar o resto o ano ao establecer un máximo de 141 días cunha cota moi minguada.
A escaseza de pescada e falta de cota obriga a flota a mudar a un cambio temporal de artes incrementando os gastos adicionais para adaptar as embarcacións a outras pesquerías. Gastos, asegurou, que poden acender a 15.500 euros como os asumidos por oito pesqueiros da Confraría de Cedeira.
A parlamentaria reiterou que a intención da Unión europea é despezar a flota galega e para iso conta coa “conivencia do Goberno galego”. Non hai máis que ver, as dificultades da flota da volanta e as medias impostas ás artes menores. O Goberno galego, denunciou, rexeita asumir as súas competencias en augas interiores provocando que a flota de artes menores teñan que asumir cotas, a pesar de ser unha pesca “sustentable”.
A deputada preguntou polo balanzo da Xunta para a recuperación da pescada, tras 12 anos de poñer en marcha o plan, está recuperado o caladoiro, e se o Plan de xestión serviu para mellorar as zonas de veda e desove.
Pola súa parte, a directora de Pesca, Mercedes Rodríguez asegurou que existen dous plans para recuperar a pescada, norte e sur, e os resultados de ambos plans acadaron os obxectivos ao que a parlamentaria replicou que, a Consellería do Mar mantén unha posición “displicente” co sector ata o punto de nin sequera recibilo a pesar das moitas peticións e especificou que as preguntas formuladas polo BNG referíanse a pescada do sur pero vostede volve a “manipular e non se atén ao que preguntamos”, reprochou.
Vostedes actúan como “figurantes” e agardando a que a flota desapareza e non teñen ningún rubor en afirmar que as medidas son aceptadas polo sector pero “os gastos nas embarcacións e os TACs” foron amplamente rexeitados, o que sucede, matizou a nacionalista, están obrigados a aceptalas para non ser “ilegais”. Finalmente, Prado pediu rigor a directora de Pesca e que se reúna co sector abrindo un diálogo que neste momento “non existe”, concluíu.

















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.