Santiago de Compostela, 9 de xuño de 17. A portavoz de Pesca do grupo socialista, Loli Toja, preguntoulle á Xunta en comisión parlamentaria sobre o estado das negociacións para a revisión do Acordo Bilateral de pesca entre España e Portugal, que vence en decembro e rixe as condicións de exercicio da actividade nas augas de ambos países e que “tal e como está, supón unha importante desvantaxe competitiva para a flota española”, advertiu. “Non deixen que pase o tempo e póñanse a traballar xa co sector, para que cando chegue a data non haxa que lamentar un ano máis a renovación dun acordo que prexudica enormemente á nosa flota”, pediu.
Toja denunciou que a pesar do que asegura o goberno galego, o seu diálogo coa Secretaría General de Pesca do goberno de España “non existe ou non funciona” en ningún aspecto, e puxo como exemplo claro a situación da cota da raia. As confrarías galegas pediran o peche da pesqueiría cando o consumo da cota chegase ao 70%, para deixar o 30% restante para o final de ano, e veñen de enterarse a través doutros medios de que a cota xa superou o 80% sen que ninguén os avisase.
A socialista apuntou que a actual desigualdade de condicións entre a flota galega e a portuguesa fai que en portos como o de Muros case o 80% dos barcos xa teñan bandeira portuguesa, ou que en Marín merquen barcos en Portugal para operar en augas españolas. Entre outras diferenzas, os barcos portugueses poden faenar as fins de semana mentres os galegos están amarrados, e o luns descargan nas lonxas, producindo “unha importante desvantaxe competitiva”, polo que reclaman que todos os barcos teñan o descanso da fin de semana, “un logro que acadou o sector e que mellora de xeito considerable as condicións de vida dos traballadores do mar”.
A socialista pediu “reciprocidade pura” no próximo convenio bilateral de pesca España e Portugal: descanso semanal para o arrastre, mesmos períodos de veda e mesmas medidas técnicas. “Por exemplo, se Galicia non pode usar o tren de bolos que tampouco o use a flota portuguesa”, así “evitariamos que ter bandeira doutro país sexa unha ventaxe competitiva e que se busque acubillo fóra”, dixo.
Toja reclamou reunións da Xunta co sector para establecer medidas de control “para que non volvan facer o que fixeron en 2014”, cando firmaron un acordo en decembro no que se igualaban as condicións e logo en marzo o señor Arias Cañete o modificou “pola porta de atrás”, despois dun acordo conxunto tamén no Parlamento galego que non serviu de nada. Tamén pediu coñecer os avances das últimas xuntanzas do Comité Luso Español de Pesquerías (COLEP) e que a Xunta lle traslade ao Goberno de España “de maneira contundente” as propostas realizadas polo sector en Galicia.



















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



