Lugo, 07 de xuño de 2017. Todos os alcaldes do PSOE decidiron hoxe non acudir a un acto de presentación do Plan de Mellora de Camiños Municipais da Xunta de Galicia porque consideran “unha burla do Partido Popular que recolla unha redución de máis de 6 millóns de euros con respecto ao ano pasado que van deixar de recibir todos os nosos veciños”.
En nome dos rexedores socialistas, o Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda, denunciou que o ano pasado a contía do devandito plan, que serve para arranxar os camiños municipais, ascendeu a case 5,4 millóns de euros, mentres que este ano e o que vén se reduce en case un 62% con respecto ao 2016. É dicir, máis de 6 millóns de euros de recorte para os 67 concellos da provincia.
Os alcaldes socialistas inciden en que este recorte deixa en situación moi grave a moitos concellos xa que, nalgúns casos “esta axuda é a única que reciben por parte da Xunta e pode chegar a supoñer ata o 50% do seu capítulo de inversións”.
Maseda destacou que o novo plan que contempla a Xunta é bianual. Isto significa que os concellos non só reciben unha cantidade de cartos máis baixa que o ano anterior, senón que teñen que repartila en dous anos. “É a dobre rebaixa do Partido Popular cos nosos veciños: menos cartos e por riba a repartir en dous anos”.
Os alcaldes socialistas afirman que levan anos sendo respectuosos cos actos organizados na provincia pola Xunta de Galicia, pero aseguran que xa están fartos de que “nos chamen só para facer unha foto e, a renglón seguido, saír coas mans baleiras”.
A lexislatura do rural do Presidente da Xunta
No acto, os rexedores socialistas lembraron que na última campaña electoral e na súa investidura, Alberto Núñez Feijóo dixo que esta ía ser a lexislatura do rural. Por iso, denuncian que cun recorte de máis de 6 millóns de euros para arranxar camiños dos 67 concellos da provincia, a Xunta do Partido Popular maltrata o medio rural e non cumpre a súa palabra. Lembraron, ademais, a promesa do PP de destinar 200 millóns de euros para fixar poboación no medio rural e pregúntanse onde están.
Por todos este datos, os rexedores socialistas cren que hoxe tamén deberían plantarse ante a Xunta de Galicia os alcaldes do Partido Popular para defender os seus veciños, porque tamén sofren este recorte. Maseda lembrou que “só uns poucos concellos populares reciben importantes convenios excepcionais pola porta de atrás que, sospeitamos, saen dos 6 millóns de euros que recortan dos concellos”.
Tamén se referiron ás palabras da Conselleira do Medio Rural ao tomar posesión dicindo que ía defender o municipalismo porque foi alcaldesa. “Creo que a Conselleira desertou da súa condición de ex-alcaldesa, esquecéndose totalmente dos concellos”, asegurou Maseda.



















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



