Este martes as monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia, do Concello de Burela, estiveron cos alumnos de 6º de Primaria do CEIP Virxe do Carme. Nesta ocasión realizaron o xogo de Pasapalabra Medioambiental, unha réplica do televisivo concurso, pero con definicións adaptadas ao seu nivel escolar e todas elas de naturais ou sociais. Deste xeito celebraron o Día Mundial do Medio Ambiente.
