Foz 12-06-2017.O PSdeG- PSOE de Foz esixe a inmediata posta en funcionamento da residencia de maiores
Este fin de semana publicábase un artigo onde o alcalde de Foz achacaba á burocracia o feito de que a residencia de maiores non estea aberta. Que entende o alcalde de Foz por burocracia?
Fai máis dun ano que a residencia está terminada e fai case un ano que lle cederon ao Concello o edificio e o equipamento. Só faltan as competencias, que son da Xunta, curiosamente, do mesma cor política que o equipo de goberno en Foz. É dicir, o PP.
O PSOE ten coñecemento a través de devandito artigo que o equipo de goberno quere cambiar de estratexia, consultando co resto dos membros da corporación local.
É moi difícil que a Xunta ceda as competencias para, como pretendeu sempre o alcalde, dar a xestión a dedo a Mensaxeiros da Paz e menos durante catro anos.
Asinar un convenio para ceder a xestión á devandita entidade, sen sacalo a concurso público é algo que, a parte de ser ilegal antollábase de moi difícil realización e así o denunciaba o grupo municipal socialista fai máis dun ano diante da corporación e así llo explicou tamén aos empregados do actual asilo.
O PSOE daquela reclamou unha reunión cos responsables do consorcio, ante a peculiaridade de Foz, onde existe un asilo con anciáns de beneficencia, reunión que nunca se chegou a celebrar. Posiblemente, por que nunca lle interesou ao alcalde, empeñado en facer as cousas á súa maneira. Maneiras que, a dia de hoxe, vemos que non serviron para nada.
A postura do PSOE foi sempre moi clara, non temos inconveniente en que a xestión sexa levada polo Concello, pero sempre de forma legal e, en todo caso, sempre apostando pola xestión pública. Desde logo, o PSOE sempre loitará por que os residentes do asilo pasen á residencia e si é necesario asumir o custe da praza dos anciáns sen recursos na nova residencia, que se faga, igual que se está asumindo na actualidade o mantemento do asilo, dando 100.000 euros a mensaxeiros da paz.
Os socialistas consideramos que o que pretende o Alcalde é esquivar a súa responsabilidade en todo este proceso botando a culpa á burocracia e que a oposición avale a súa nefasta xestión. Por dicilo claro, pretende que lle salven a cara, que se comparta a responsabilidade da súa mala xestión.
Todo isto evidencia que o Alcalde, unha vez máis, xerou falsas esperanzas entre os veciños e o que é máis grave, aos residentes e empregados.
Se non iniciase este camiño a ningunha parte agora mesmo a residencia levaría máis dun ano funcionando.
Tivemos que soportar coaccións e chantaxes emocionais durante todo este proceso, que poña a empregados e residentes na nosa contra, e para que?
O PSdeG-PSOE esixe a posta en funcionamento da residencia de forma inmediata, non pode permitirse o que pasou noutros concellos, onde se tardaron anos. E dende logo, si foi o PP quen decidiu este camiño é o PP quen nos ten que sacar del.